Farlopa para a tropa

13 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

farlopeiros.jpg

Recoñezo que a fotografía está máis vista que o tebeo e que non sorprende xa a ninguén. Pero nun espazo coma O Traveseiro non pode faltar unha imaxe dese calibre, e máis tendo unha sección adicada a Maradona.

Esa foto foi tirada no campo do Nancy francés nunha homenaxe a Platini, alá polo lonxano 1988. A estampación das camisolas é un lema antidroga, que pasaría desapercibido se non fora porque os que pousan sorrintes con elas son nada máis e nada menos que dous grandes futbolistas farlopeiros: Maradona e Julio Alberto.

Dende logo que non son os únicos, pero si dos máis famosos. A Julio Alberto o temos neste de mundo de miragre, pois hai cinco ou seis anos estivo a piques de suicidarse nun hotel barcelonés namentres berraba que "Estoy poseído por el demonio". Non estou de todo seguro, pero o máis normal é que se metera nas drogas despois de grabar un disco, "Medianoche en Moscú", cun single, "Y te buscaré", que é escoita-lo e comenzar a meterse de todo polo nariz, pola boca e vía intravenosa.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en D10S, Mundo viejuno-celebrities |

Comentarios

  1. Roberto Escribiu:

    ¡Jaja! Esta foto es la que adorna mi perfil de Blogger. Vaya par de dos… todo un ejemplo ¡imagen mítica!

    Un saludo.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo