Emblemas da Idade do Cobre
14 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Aínda que pareza mentira, non son dous modelos diferentes de escudos dun mesmo clube. Por iso tiven a ben xunta-los porque son igual de feos, ou cando menos, peculiares.
O da esquerda é o emblema do Club de Deportes Cobreloa, da cidade chilena de Calama. É un clube relativamente novo, fundado en 1977, e actualmente milita na primeira división de Chile. Viste totalmente de laranxa.
O da dereita é o escudo do seu rival, o Club de Deportes Cobresal, fundado en 1979 e que tamén xoga na primeira chilena. Viste con camisola branca con motivos laranxas e pantalón desa cor.
Imos cos enxendros que teñen por escudos. Resulta que nunha rexión mineira se funda un clube, o Cobreloa, que adopta unhas cores e un escudo que deixa moito que desexar. Consiste nun balón rodeado dun círculo laranxa cunha especie de cruz invertida. Imaxino que representa á simboloxía do cobre, pero así, visto a bote pronto, non pode un deixar de relaciona-lo cun equipo formado por mulleres, así de claro. Por moito que lle engadan o nome do equipo e a cidade, o escudo é simple a máis non poder.
Vale, pois dous anos máis tarde da fundación do Cobreloa, no pobo mineiro de El Salvador se funda outro clube, o Cobresal, e claro, teñen que inventarse unha imaxe corporativa. A estes non lles chega con copia-las cores do seu rival e o nome, que deseñan un escudo practicamente igual. Balón setenteiro rodeado do mesmo simboliño e co nome do equipo. Mais aínda quixeron romperse máis a cabeza que lle engadiron un sombreiro ao balón a modo de casco de mineiro. Automaticamente, calqueira que descoñeza como se representa o cobre, relaciona ese escudo cun equipo de fútbol formado por mulleres... que traballan nunha mina.
Me pregunto se a alguén deses equipos se lles ocorreu rediseña-lo escudo, xa non para mellora-lo seu atractivo (cousa non compricada), senón para que non se pareza ao do seu rival, coño. A min polo menos me daría bastante grima ter un escudo que se parecese ao do Celta.
chúzame - Arquivado en Enxendros |



febreiro 17th, 2008 ás 7:25 pm
Imaxino que ese equipos teñen de himno o “son mineiro” de Antonio Molina… con tremendos escudiños!!
O 2º é pra mexar e non botar gota, o que lle puxo o casco o escudo debeuse quedar ben a gusto!! Que Horteradaaaa!!!