O día dos namorados
14 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Estos días xa xe notaba no ambente futboleiro que se achegaba San Valentín. O presidente da RFEF, Angel María Villar, declarou que está namorado de Luis Aragonés, do seu estilo, do seu traballo, e que desexaba de todo corazón a súa continuidade. Ademais, o italiano Totti tamén considera un escándalo que Raúl non sexa Balón de Ouro, e que lle encanta o sete madridista. Isto non é nada novo, debe ser algo contaxioso pero todo quisqui parece namorado de Raúl.
Pois falando de Raúl, hoxe Ramón Calderón anunciou a súa renovación vitalicia polo Real Madrid, xunto con Iker Casillas. Atención ás súas verbas, porque máis que asinar un contrato de traballo dá a sensación que se casan, formando un matrimonio polígamo ou simplemente un triángulo amoroso:
"Hoy, que celebramos el día de los enamorados, decimos que Iker, Raúl y el Real Madrid se quieren, se necesitan, se complementan y por esa razón han decidido unirse de por vida"
Despois desa defecación verbal do ínclito habería que preguntarlle se pensan ter fillos, nese caso cantos, e se se van a mudar todos ao Bernabeu para facer vida en común.
Por certo, para adornar esta entrada hai centos de fotos de Aragonés e Villar xuntos, de Raúl acaramelado con Guti e Casillas, con Calderón... pero non molaban para un día coma hoxe. Por iso tiven a ben poñer unha de Maradona dándose un beijo con Carlos Tévez, na Bombonera, hai catro anos, cando o agora xogador do Manchester xogaba no Corinthians brasileiro. Se demostra unha vez máis que, á marxe do rollo homosexual, o amor é cego. Para morrearse con Tévez hai que botarlle uns cantos, pois é un dos xogadores máis feos do mundo.
A todo isto, poño que se dan un beijo, e non un bico, porque en Portugal isto último se traduce por mamada, e claro, con calqueira buscador algún do outro lado do Minho vai pensar que teño unha imaxe de Maradona facendo unha felación a Tévez, aínda que bueno... con Maradona todo é posíbel.
chúzame - Arquivado en D10S, Defecacións verbais |




febreiro 14th, 2008 ás 7:00 pm
Buenísimo el post!!
Con Maradona, por supuesto, todo, pero todo todo, es posible!! jaja.
Por cierto, gracias por el intercambio de links
febreiro 15th, 2008 ás 12:08 am
Gracias a ti, Dokieh por participar y sobretodo por leerlo.
En cuanto al intercambio de links, mi política es poner en el blog enlaces de páginas y blogs que visito con frecuencia y que me gustan, sean o no futboleros. No pongo un link solo porque me lo pidan o porque a mí si me pusieran.
Además, andaos con cuidado que hai varios enlaces en mi blog que desde que los puse o bien chaparon o apenas tienen actividad. A ver si voy a ser cenizo.
febreiro 15th, 2008 ás 12:59 am
Claro, por eso puse yo el tuyo, porque suelo visitarlo con frecuencia. Y debo de reconocer que, aunque a veces me cueste un poco entender el gallego, merece la pena hacer el esfuerzo. Y además así aprendo algo de gallego, aunque sólo sean palabras sueltas
Pues eso, a seguir así que vamos bien
Un saludo.
febreiro 15th, 2008 ás 8:03 pm
Hablando de amor entre hombres, el Madrid se está planteando renovar de por vida también a Guti.
febreiro 17th, 2008 ás 7:22 pm
Tes tódala razón no teu último comentario Sr. Traveseiro, lembro eu estando en Portugal, en Lisboa había unha casa moi coñecida chamada “a Casa dos Bicos”… así mo habian dito a mín e claro cando preguntei a un lugareño pola citada casiña, miroume así con cara de abraiado…
Tiña que pronunciar “beijos” porque o fulano entendera outra cousiña…a saber que pensou o bo cristián!!
Non o sabía!! jajajja…