Un equipo con duende

18 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

avenirbeggen.PNG

Luxemburgo, aparte de en Eurovision, tamén participa nas fases clasificatorias para Eurocopas e Mundiais, claro que sí. E son coñecidos porque pechan estas táboas clasificatorias do malos que son. No conxunto mundial ocupan o lugar 154º, por debaixo de Surinam e por enriba de Maldivas. En Europa están no posto 49º, non sendo os derradeiros porque cada vez hai máis países (teñen a Montenegro pisándolles os talóns).

Pois se Luxemburgo ten selección ten que ter liga propia e clubes. Un deles é o Avenir Beggen, cuxo escudo é eso de aí enriba. Sería un emblema normaliño se non fose porque ao balón e ao nome do equipo lle acompaña unha especie de duende ou trasno que parece estar descojonándose de ledicia. ¿E por qué está tan contento?

Estiven a botarlle unha visual ao historial deste equipo en competicións europeas e levan a mesma liña ca selección. Participaron durante 16 anos en Europa, de 1970 a 2003. E nese tempo xogaron 18 eliminatorias, o que quere dicir que tan só en dous ocasións pasaron unha rolda. Foi no ano 1993, que eliminaron a un equipo de Islas Feroe (e polos pelos) para caer na seguinte co Spartak de Moscova de paliza. E logo tamén eliminaron no 96 ao Örebro sueco, e na próxima rolda o Lens lle deu a do pulpo, 6-0 e 0-7.

Entón deduzo que o trasno do escudo se está a divertir non polos grandes resultados e palmarés do seu clube, senón porque está a penetrar sexualrmente o balón pola válvula do aire.  De feito o escudo está modificado por min, engadéndolle as dúas ralliñas da dereita para que quede ven claro o que está a facer o anano ese, que usa o balón coma xoguete erótico.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Enxendros |

3 Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    Quitáchesme as verbas da boca Sr. Traveseiro, as ralliñas á dereita do cu do trasno, son totalmente significativas do “vai ven” das súas caderas…

    Tiki taka tiki taka…

    Pd: Confírmase a miña teoría con esta nova de que estamos totalmente saídos e temos ” a mente sucia”… só falta aquí o post pernicioso de Juggalo para estar todos presentes…

    jajajjajaj… ;)

    Pd: Ten narices o escudiño de marras… podían por unha ninfa ou a Magdalena Graff enriba do escudo non?? Molaría moito máissssssssssssssss!!!

  2. juggalo Escribiu:

    por alusions:

    e contando co malestar do administrador do foro por referirme novamente o meu (noso) equipo (e que o pos a huevo)

    a o que iba:

    o trasno o único que fai -foder ó balón- e o que a maioría dos nosos xogadores fan domingo tras domingo.

    agora ven coma anel ó dedo aquela anédota que contaba Toschack dun central que, recuperándose dunha lesión díxolle a Benjamin: “mister, me duele al golpear el balón”.

    Toschack, xen ioe figura contestoulle: “A mí también me duele…”. (verte golpear, para ós da logse, que hai que explicalo todo)

  3. otraveseiro Escribiu:

    Ese central ó que te refires era Paco Jémez, actual adestrador do Córdoba. Era bastante maliño cos pés e no área era un perigo porque non lle custaba nada empurrar ó dianteiro para facerlle penalti.

    Eso sí, un gran marcador. No ano 92 secara en Vallekas completamente a Bebeto, até que, xa casi no final do partido, despístouse un momento e zas!, gol do bahiano.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo