Betis ceive, poder popular
19 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O ano pasado o Real Betis Balompie cumpriu oficialmente cen anos. E digo oficialmente porque así é para o clube e o beticismo, mais non para os historiadores futboleiros nin para a Sevilla roxibranca. Pois polo visto, nunha entrevista ao ex-adestrador Lorenzo Serra Ferrer polo Centenario lle dixeron que "Viva er Beti manque pierda", e o tipo respostou que "Si, y también ¡Viva el Betis libre!".
Os béticos non tardaron nada en colle-la mensaxe do seu Caudillo (é idéntico a Franco), facer bandeiras con ese lema, e leva-las ao campo como reinvindicación anti-Lopera. Durante anos non pararon de comerlle a polla idolatra-lo cada dous por tres, o tiñan nun pedestal, Lopera era Deus. Máis agora (tardaron en decatarse) Don Manué é un dictador e hai que bota-lo como sexa.
Ese xesto subversivo da hinchada bética non é o único que se fai ultimamente por aqueles lares. O seu adestrador, Paco Chaparro, pincha a diario no vestiario o tema "Resistiré". Ignoro se se trata da versión de El Dúo Dinámico ou dos Barón Rojo mais pola letra deses temas, calqueira das dúas valería. Pois se con isto non chegara, o Chaparro vai e lles regala a cada xogador unha pulseira que reza: "Eres importante para mí. Resistiré". Durruti, Pasionaria, Che Guevara... afastade que chega Paco Chaparro, lider do M.L.N.B (Movimiento de Liberación Nacional Bético). Nin que dicir ten que os xogadores evitaron que saíra á luz este obsequio, cousa que non conseguiron, afortunadamente para nós.
Remato preguntándome o que pensarán desta revolución social recoñecidos béticos famosos por non seren precisamente izquierdosos, coma Francisco Rivera Ordóñez, Alejandro Sanz ou a Duquesa de Alba. Pois imaxino que a algúns lles sentará coma unha corná, outros terán o corazón partío e outros perderán a fala.
chúzame - Arquivado en Espanholadas |



febreiro 20th, 2008 ás 12:51 am
Jajajajja. Muy bueno el final con la “corná” y el “corazón partío”.
Pues sí, eso es lo que pasa en el fútbol. Un día eres Dios y al siguiente un drogadicto. Así es la hinchada a veces.
Si no, que se lo pregunten al Diego.