¿Cremación ou soterramento?

20 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

cadaleito-dortmund.jpg

Xa dixen que son doante de órganos, e que cando morra prefiro que se me aproveite todo, coma aos porcos. Así que prefiro a cremación, porque... ¿para que meterme nun cadaleito? Para estar ocupando espazo nun nicho tontamente mellor que me queimen, total, xa me queiman no traballo, así que un pouco máis dá o mesmo. Ademais, tampouco me vou enterar.

O que xa non sei é o que prefiren os acérrimos futboleiros. Neste caso aos do Borussia Dortmund alemán lles ofrecen as dúas opcións. Poden ser soterrados nun cadaleito cas cores do seu equipo ou ben pasar polo crematorio para logo ser introducidos nunha furna con forma de balón, tamén a toda cor.

Esta segunda opción é interesante. Por un lado, se está ben fechado hermeticamente vale para reutilizar. Por exemplo, o rapaz á súa nai: "Mamá, vou xogar un rato ao parque co avó. Vale, pero ten coidado non cho vaian roubar os outros nenos, e non te esquezas de trae-lo de volta".

E por outro está a posibilidade de que os teus restos sexan esparcidos polo campo, neste caso do Westfalenstadion de Dortmund. Pero non coma os que tiran as cinzas no mar, non, moito mellor. Pódese xogar ca furna-balón un partido especial entre vellas glorias do Borussia e amigos de Ronaldo e Zidane. Un partido sen tempo, que rematará cando o balón rebente e as cinzas se esparzan polo estadio... e polas roupas, pelo e bocatas de xogadores e público. Sobretodo se fai moito vento.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

4 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Jajaja, el final es tremendo. Si hace mucho viento sí que sería un pequeño “problemilla”. Pero bueno, no es tan mala idea. Antes que me tiren al mar, que me tiren al Camp Nou o al Monumental. :P

  2. juggalo Escribiu:

    “e as cinzas se esparzan polo estadio… e polas roupas, pelo e bocatas de xogadores e público. Sobretodo se fai moito vento”

    olvidácheste de cando entra nos ollos, que molesta moito

    como se chama eso…aruxe, non?

  3. O Traveseiro Escribiu:

    Efectivamente Juggalo, o aruxe pode chegar a resultar moi molesto.

    E o peor que che pode pasar é usar lentiñas (como o menda), que se che meta un aruxe nunha, esteas fóra da casa e non cha poidas quitar porque non leves contigo o portalentiñas. Se pasa realmente mal.

    P.D. Aquí, eu, facendo como se non soubese a que te refires.

  4. o traveseiro » Blog Archive » Campaña de axuda ao Dortmund Escribiu:

    [...] parece moi pouco ao escudo oficial do Dortmund que adorna bandeiras, bufandas, gorriños e demais merchandising futboleiro e funebreiro. E este método de financiación non lles vai nada mal. Por exemplo, disque só en Ourense [...]

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo