¿Quen se agocha nesta foto?
21 de febreiro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Entre esa multitude se agocha un futbolista. ¿De quen se trata?
Pistas básicas:
- É negro.
- É un defensa portugués con apelido galego.
- Sufriu a expulsión máis estúpida da historia da Champions League (Deco is my friend).
- Xogou no Estrela de Amadora, Porto, Deportivo e actualmente na Juventus.
- No campo é un crack.
Anecdotario sobre el que non sairá na Wikipedia:
- Cando está bébedo odia ao Madrid.
- Se o pillas fumando dirá que é o primeiro pitillo que fuma na súa vida.
- A súa muller ten moi mala hostia.
- Os seus fillos xemelgos son uns diaños.
- Fóra do campo é un crack.
Solución:
Jorge Andrade durante a inauguración en Cabo Verde dunha escola de fútbol para nenos desfavorecidos, á cal apadriña. Un crack dentro e fóra do campo. Por certo, sen pistas e sen prenda branca... Wally retírate que chega Jorge.
chúzame - Arquivado en Acertixos |




febreiro 22nd, 2008 ás 2:03 am
Fácil,el único negro de blanco,jeje
( sin querer ofender a nádie)
Besos
febreiro 22nd, 2008 ás 2:35 am
“Cando está bébedo odia ao Madrid”: ya me cae mejor Andradre
febreiro 22nd, 2008 ás 9:23 am
as comparacions sempre son odiosas, pero…
…vaia xogadorazos tiñamos fai media hora (bagoa)