Rodolfo dá auténtica pena

23 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

rodolfo-dapena.jpgA traducción literal ao castelán dos apelidos de Rodolfo Dapena Dapena (Outomouro –Ourense- 1960) sería Delapeña Delapeña, pero como non se apelida así, senón Dapena ao cadrado, pois vai ter a mala sorte de saír neste blogue. O nome Rodolfo xa non soa moi ben e eu o relaciono rapidamente con Rodolfo Langostino e Rodolfo Valentino. Este de marisco ten ben pouco e de sex-symbol nin digamos. Este nome polo visto provén de Alemaña e siñifica "Aquel que gaña a batalla, o que busca a gloria". Unha incongruencia con este xogador, pois xogou en equipos perdedores e pupas: Logroñés, Atlético de Madrid, Celta e Betis.

Os seus apelidos, Dapena Dapena, pois xa o din todo. Que o primeiro apelido do teu pai coincida co primeiro da túa nai e que aínda por riba sexa ese... pois é unha putada. Claro que tamén pode ser que os seus pais sexan irmáns ou curmáns e practicasen o incesto. Sexa como sexa o caso é que Rodolfo dá dobremente pena, unha por xogar no Celta, e outra por face-lo no Betis.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities |

Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Jajajja. Recuerdo que en el instituto nuestro libro de Matemáticas estaba editado por una tal Zoila Pena. Así que imagínate lo bien que nos lo pasábamos con ella xDDD

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo