De fútbol e carniceiros
25 de Febreiro do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Tres temas acaparan hoxe a información futboleira. Por un lado, os xogadores do Madrid apijotados perdidos celebrando un gol que non subiu ao marcador e que lles custou encaixar un en contra e, á postre, perder un puntiño. Por outro, a victoria do Tottenham de Juande Ramos na final da Copa da Liga inglesa, agora chamada Carling Cup por motivos comerciais. E por último, ao que imos, a escalofriante entrada de Martin Taylor, do Birmingham a Eduardo, do Arsenal, tronzándolle o nocello por tódolos lados.
Naturalmente, Taylor pasou a engrosar esa longa lista de xogadores que compaxinan o fútbol coa carnicería. Aí están os Vinnie Jones, Pablo Alfaro, Javi Navarro, Hierro, Roy Keane… Pero foi ver isto e lembrarme de que houbo un gran xogador, de guante branco, que foi carniceiro. Estou a falar do gran Luís Suárez, que foi Balón de Ouro nun tempo en que non bastaba con facer un bo Mundial e gaña-lo para que che deran o premio (Cannavaro, por exemplo). Hoxe en día te chega a mafia da FIFA e Pelé a elaborar unha lista dos 125 mellores xogadores da historia e van e o deixan fóra para incluir a Luis Enrique, Butragueño e Raúl. Mais daquela había que ser un crack de verdade para que se che recoñecera como tal.
Por exemplo, en L’Equipe dicían del que «É un aristócrata do balón e o seu fútbol é coma se nun espectáculo de ballet moderno e nunha soa persoa se reunisen o atleta, o bailarín e o director de orquestra». Pero é que ademais diso, tamén era carniceiro.
Como se aprecia na foto, a pesares de xa ser unha estrela do fútbol profesional, a Luisito (así era coñecido por aquí) non lle custaba nada cando pasaba pola Coruña axudar aos seus pais na carnicería familiar da mítica Avenida de Hércules.
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |
3 Grandísimas aportacións »





Febreiro 25th, 2008 ás 9:30 p.m.
Martin Taylor ya puede decir que tiene algo en común con este genio del fútbol.
P.D.: Luis Enrique entre los tres mejores del fútbol español… ¡cómo está el patio!
Febreiro 25th, 2008 ás 11:47 p.m.
En realidad la lista enumeraba los 125 mejores jugadores de la historia… que estuviesen vivos. El caso es que se me ocurren un ciento de ellos por delante de Luis Enrique, Butragueño y Raúl, entre los que incluyo, por supuesto, a Luis Suárez.
Febreiro 26th, 2008 ás 2:43 p.m.
Yo nunca olvido a Tassoti, que jugadón hizo con Luis Enrique. Crack!