Fans de Messi, con Esquerda Unida

26 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

messi-iu.jpgQue se forme unha plataforma de apoio a Zapatero paréceme unha chorrada, pero ten un pase. Que os que poñan a cara nesta plataforma sexan artistas e intelectuais xa dá moito que pensar. Pero que nesa lista aparezan nomes como os de Miguel Ríos, Pedro Almodóvar e Miguel Bosé, entre outros moitos... xa é para saír correndo. Se xa non pensaba votar ao PSOE agora moitísimo menos, pois non pode ser nada bo algo que apoien eses gualtrapas.

Por outra banda, o PP tamén ten a súa tropa de defensores famosos. Entre este grupúsculo se atopan o omnipresente Bertín Osborne, un dos Morancos, o actor Pepe Ruiz (Pepa e Avelino) e Antonio Ozores. Imaxino que este último se pronunciaría ao respecto por escrito, porque a ver quen carallo lle entende vía oral.

Pero a mellor plataforma sen dúbida é a formada por seareiros fans de Messi que apoian a Izquierda Unida. De momento só a forma o tipo da foto, que non sabemos como se chama, pero que non dubidou nin un intre en coller a pintura sobrante da faciana e escreber a dedo os nomes do seu ídolo e da súa opción política.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada |

Comentarios

  1. Volkoff Escribiu:

    A verdade é que manda collons tanto espontaneo da política. Fai pouco tempo era ao revés. Aznarins de turno no palco dos estadios ou nas fotos das recollidas de premios de deportistas e demáis. Agora como mola ondear bandeiras con páxaros ou mans con rosas.
    Norma Duval foi a gran pioneira e musa pepeira.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo