Sae a quentar… Silvia Fominaya

26 de febreiro do 2008 perpetrado por otraveseiro

fominaya1.JPG

¿Quen é esa tipa e que fai en bragas e ca camisola do Deportivo posta? Para explica-lo temos que remontarnos a Outubro do 2004. Ese mes se edita o número 15 da revista oficial do Clube, e esta señora forma parte dunha reportaxe fotográfica titulada "Silvia Fominaya, revolución en el Playa". Para os non iniciados, o Playa Club é un histórico local hosteleiro coruñés actualmente xestionado polo Depor e que ben sendo a sala de xogos dos fillos de Lendoiro and friends.

Imos con Silvia Fominaya. É unha modelo, actriz (?) e presentadora de televisión que naquelas datas estaba na cresta da ola porque traballaba (?) como contertulia (falaba do seu can e sacaba unha teta de cando en vez) no programa Crónicas Marranas, de Telecinco, tras participar na edición daquel ano de La Isla de los Famosos. ¿E que ten que ver co Deportivo? Nos últimos anos no Clube colleron a puta manía de captar adeptos famosos para facerlles reportaxes na revista oficial sen ter en conta que a maioría deles o Depor lles importa un carallo e tampouco caeron na conta que a moitos deportivistas máis que enorgullecernos nos avergoñaba que certos persoeiros pousaran cas cores do Depor e se declararan deportivistas.

Mais neste caso Silvia Fominaya sí ten relación co Deportivo. Na tempada 93-94 o Depor fíxose cos servicios dun entonces cotizado dianteiro do Raio Vallecano, Pedro Riesco. Non se pode dicir que fracasara porque tampouco tivo ocasión de amosar moito pola grande competencia que había no seu posto. O caso é que Riesco viviu na Coruña acompañado pola súa moza, que resultou ser Silvia Fominaya, que daquela contaba con 17 anos.

fominaya2.JPG

Resulta chocante ler o que poñen dela nesta reportaxe: "Es guapa a rabiar, salta a la vista. Pero el mayor atractivo de esta mujer es la belleza interior. Durante su visita al Playa Club, Silvia Fominaya nos fulminó con su sonrisa. Quedamos cautivados por su simpatía, su paciencia, su presencia, y, sobre todo, por su decisión de abrirse al deportivismo".

E resulta chocante polo feito de que na Coruña non a recordamos precisamente pola súa simpatía e beleza interior, senón todo o contrario. Esta tía sempre estaba metida en bullas: A moza de Pedro Riesco ten unha liorta de tráfico..., a moza de Pedro Riesco se pelexa cunha señora polo turno da charcutería de El Corte Inglés..., a moza de Pedro Riesco a monta na súa urbanización porque lle molestan os contenedores de lixo... E así continuamente, un día sí e outro tamén. Só nos queda agardar que Oksana Andersson, a moza de Willhelmsson, se comporte mellor ca ela e, sobretodo, non teñamos que agardar 10 anos para ve-la pousar lixeira de roupa ca camisola do Depor.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan |

8 Comentarios

  1. Sergio Cortina Escribiu:

    Traveseiro que te olvidas lo mejor, tío. ¿Que coño es Fodesa?, ¿No era Fadesa?, ¿Noi debería ser Follesa?

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Efectivamente, está manipulado vilmente por mí. Le puse Fode (jode) pero le podría poner Fede (apesta) y lo hago porque son unos especuladores y destructores del territorio.

    Y también porque desde que se vendió la empresa al expresi del Madrid, Fernando Martín, no paran de destruir puestos de trabajo en A Coruña y practicar el acoso laboral.

    Lo pude poner en alusión a Silvia Fominaya, pero no es el caso. De todas formas, lo de Follesa no está nada mal.

  3. juggalo Escribiu:

    andandará?

  4. DoKiÈh Escribiu:

    Bueno, aunque no pinten nada, tanto Silvia como Oksana serían buenos símbolos deportivistas. Sobre todo Oksana, porque la otra, en verdad, es una gua… de cuidado :P

  5. O Traveseiro Escribiu:

    Juggalo: Andandará quen? ¿Pedro Riesco ou Silvia Fominaya? De tódolos xeitos, nin idea que é deles.

    Dokièh: No Deporsport de onte poñen que “Oksana desnuda su alma para Deporsport”. Se empeza polo alma e se termina polo corpo, tempo ao tempo.

  6. DoKiÈh Escribiu:

    Pues eso, que vaya desnudando el cuerpo, que a mi su alma no me interesa mucho que digamos :P

  7. Mymo Escribiu:

    es que lo de Fodesa desde que lo dijo Touriño pues va a misa…

    http://touripedia.wikispaces.com/

  8. otraveseiro Escribiu:

    Hostia, non tiña nin idea que fose unha touriñada, pero se sae!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo