De cando en vez, cando me aburro (frecuentemente), me gusta poñerme a dar voltas co Google Earth, para ve-lo mundo a vista de paxaro. Non sei por qué (imaxino que porque a cabra tira ao monte) acabo prestando especial atención á pesquisa de estadios de fútbol. E quedo flipado con algunhas curiosidades que se ven por aí, coma por exemplo ver que hai campos que se atopan bastante lonxe do centro das cidades onde xoga ese Club; outros que están case que no casco histórico rodeados de edificios, todo apelotonado sen espazo para nada; e outros rodeados de grandes zonas verdes e boscosas, que fan que sexa compricado atopa-los sen usar o buscador. Aínda que cada vez menos, xa que onde hai máis aglomeración de fotos dos internautas, hai un campo de fútbol, máis que en monumentos, incríbel.
Pois cando te pos a procura-los campos de equipos dunha mesma cidade atopas curiosidades como as que expoño a continuación. Equipos cunha forte rivalidade que comparten cidade, e son veciños, tan veciños que teñen os seus estadios e sedes sociais pegadas practicamente un co outro. Dous exemplos: a cidade escocesa de Dundee e a de Avellaneda, na provincia de Bos Aires (Arxentina).

Avellaneda:
Á dereita da imaxe, o campo de xogo de Racing Club, Estadio Juan Domingo Perón, coñecido popularmente como El Cilindro, por motivos obvios. Á esquerda, a cancha do seu eterno rival, o Club Atlético Independiente. O seu nome oficial é Estadio Libertadores de América, mais se lle coñece por La Doble Visera, pola forma das súas bancadas. Curiosamente Independiente está a xoga-los seus partidos coma local no campo dos seus veciños, xa que se está a remodelar o seu, que estará listo a mediados deste ano, ou alomenos eso din. Deportivamente non teño preferencias por un ou outro equipo, cecais me simpatice máis La Acadé (Racing) dende os tempos en que ía desaparecer, pero que El Rojo (Independiente) tamén me gusta. De feito, posúo as camisolas de ámbolos dous clubes. Bicho raro que son.

Dundee:
O campo da dereita chamase Tannadice Park, que é onde xoga o Dundee United, e o da esquerda é Dens Park, propiedade do Dundee Football Club. A diferencia cos de Avellaneda, que están separados por instalacións deportivas e algunhas construccións, estos están practicamente xuntos, compartindo o mesmo enderezo, Sandeman Street. As miñas preferencias son claras, me simpatiza o United. Teño a súa camisola que é aproximadamente do ano 1989. Lembro que era a época en que estaba de moda a Holanda dos Gullit e Van Basten, e pola rúa todo cristo pensaba que era a de esa selección, e eu lles dicía que era do Dundee United e poñían cara de "¿quen carallo son esos?".
chúzame -