31 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
A semana pasada andivo por Madrid Juande Ramos, o terceiro manchego universal tras Sancho Panza e Pedro Almodóvar. O ex-adestrador do Sevilla FC presentaba o videoxogo Football Manager 2008, e no xornal 20 Minutos aproveitaron para entrevista-lo. As preguntas as facían os propios internautas e me serviron para cerciorarme de que Juande é o adestrador máis soso que coñezo. Ollo, non confundir con ser un maleducado e borde, coma Schuster, nin tristísimo coma Lotina. A Juande en Inglaterra rematarán por chamarlle Sosoman, e senón ao tempo.
Tamén me serviu para coñecer cousas de Juande que descoñecía. Coma por exemplo (ver imaxe) que naceu en setembro de 1984, e que, polo tanto, ten 23 tacos, o que quere dicer que xa con 8 anos adestraba ao Alcoyano en 2ª B. Juande é aos banquiños coma Macaulay Culkin ao cine, pola súa precocidade e porque sendo tan xóvenes xa están podridos de pasta. 5 kilos ao ano gaña Juande Ramos no Tottenham, casi na.
Arquivado en Xornalistos |
3 Grandísimas aportacións »
29 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro

Mohamed Abou Treika, goleador exipcio alcumado «O asasino sorrinte», mostra unha camisola tras marcar un gol na pasada Copa de África. Se solidariza con Paul Gascoigne, Gazza, adicto ao RedBull e detido hai pouco en Inglaterra en aplicación da Lei de Saúde Mental.

Paul Gascoigne, exfutbolista internacional inglés, se solidariza co millón e medio de palestinos que viven na Franxa de Gaza baixo bloqueo israelí.
Arquivado en Chámalle X |
2 Grandísimas aportacións »
27 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Disque que o outro día, cando un seareiro do Betis lle tirou unha botella ao porteiro do Athletic, non foi retido polo resto dos afeccionados que o rodeaban. En realidade si que foi un afeccionado o que o retivo, pero se trataba dun policía que estaba a asistir ao partido. Nalgunhas imaxes vese coma un tipo cun chándal do Betis o retén, e namentres o fai lle amosa a carteira, e todo indica que o que realmente lle ensinou era a súa placa de madeiro, e non a foto da súa muller e fillas.

Para evitar o que está pasar un día si e outro tamén, no Villamarín/Loperra Stadium deberían facer coma en Rusia. Como se aprecia na foto, alí hai tanta psicose pola seguridade que acoden aos campos máis policías que afeccionados. Se ollamos ben para a imaxe vemos coma unha ringleira si e outra non están ocupadas polas forzas da orde. As outras están reservadas para os seareiros, pero só uns cantos valentes se atreven a ocupa-las, formando un perigoso sandwich de hostias, porrazos e vexacións coma ingredientes principais.
Arquivado en Xentes da grada |
2 Grandísimas aportacións »
26 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro

Aconteceu en Berlín durante o pasado Mundial de Alemaña. Dous xóvenes tiveron a ocurrencia de reencher de cemento nove balóns de fútbol e distribuílos por toda a cidade xunto cunha nota que poñía: «¿Podes chutalos?» Moitos viandantes aceptaron o reto de darlle unha patada a eses esféricos que pesaban arredor de 15 quilos, cas conseguintes lesións. Máis dun se tivo que levar os ósos do pé nunha bolsa de plástico.

Pois polo que se ve, esa moda de reencher balóns con formigón non se perde. Neste caso non é por foder os pés dos viandantes, senón a vista. Se viu nunha finca privada na localidade coruñesa de Curtis. O propietario se quixo saír da norma de corona-las columnas do peche das fincas con bolas de cemento, e el, que é moi futboleiro, optou por sustituílas por balóns de fútbol pintado cas cores dos seus equipos favoritos. Só falta que veña o típico mongolo e se lle dea por remata-los ca testa.
Arquivado en Adefesios |
2 Grandísimas aportacións »
25 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Non me estou a referir a José Manuel Pipi Estrada, playboy e xornalista (?) deportivo, senón a Pippi Langstrump, coñecida por estes pagos coma Pippi Calzaslargas.

Non tiña nin idea que fose afeccionada ao fútbol e seareira do Feyenoord holandés, e si que tiña unha forza descomunal para ter nove anos, pero non que fose capaz de erguer cunha soa man, e arrincándoo do chan, o estadio De Kuip de Rotterdam. E mira que vía a serie de cativo, pero até hoxe nin conta me dera desa afección súa.
Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada |
5 Grandísimas aportacións »
24 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro

A mediados da semana pasada un problema alleo á miña persoa provocou que desaparecera unha anotación e varios comentarios deste meu/noso blogue, e entre estes últimos o de alguén (os que deixan comentarios se contan por miles e non me lembro de quen se trata) se queixaba ou reclamaba de que tódolos homes que saltan a un campo de fútbol en plan espontáneo van totalmente en pelotas. Sen embargo non ocorre así cas mulleres, que, as poucas que saltan ao campo, non o fan totalmente espidas, como deus as trouxo ao mundo.
Esta foto serve para desmontar esa teoría. Non estou del todo seguro, pero coido que aconteceu no campo de Butarque, onde xoga o CD Leganés. Unha señorita salta ao campo en pelotas, portando somentes unhas chancletas e unha tira no que reivindica infraestructuras para o seu barrio, nas que se teñen que incluir roupa de abrigo ou, cando menos, algo de lencería.
A foto non é de moita calidade, pero se aprecia perfectamente as facianas de satisfacción dos policías nacionais (modelo taberneiros) que a acompañan a cachear, e como ao da esquerda se lle está empezando a poñer a porra erecta.
Arquivado en Elas tamén xogan |
1 Grandísima aportación »
23 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Non me estou a referir ao seu fillo italiano, Dieguito, que todavía é moi xoven, senón ao maior, Xesús, falecido xa hai bastantes anos.

Na Arxentina sempre houbo un debate por saber de que equipo é D10S. Sobre o papel, de Boca Júniors, mais se comenta que realmente é do equipo onde se formou, Argentinos Júniors. Outros sen embargo aseguran que en privado o propio Diego confesa que é do Independiente de Avellaneda. A saber.
Onde non hai dúbida é de que equipo era seareiro o seu fillo Xesús. Un humilde fillo de carpinteiro non podía ser afeccionado do River Plate, por exemplo. Tiña que ser dun equipo pequeno e humilde coma el, por iso escolleu o Club Atlético Atlanta. A proba a temos neste mural atopado no barrio bonaerense de Vila Crespo, sede do Atlanta. Nel apreciase como Xesús foi crucificado vestindo unha camisola de Los Bohemios. A proba é concluínte, mais, coma sempre, falta a opinión do Vaticano.
Arquivado en D10S |
1 Grandísima aportación »
22 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Asturies, principios da década dos noventa, Semana Santa. Unha procesión de fieis católicos é interrumpida por un grupo de seareiros borrachos, drogadictos e inadaptados pertencentes á Peña Chiribí, do Real Oviedo.

Nese mesmo intre, un voluntario de Protección Civil sae ao seu paso para expulsa-los berrando tipo Charlton Heston en El Planeta de los Simios: «¡¡¡Vos maldigo, vos maldigo a todos, fillos de Satanás, algún día vos pudriredes no inferno!!!»
Como é lóxico, esas verbas os Chiribís as tomaron de coña, pero non caeron na conta que ese home se trataba nin máis nin menos que de Dios Nuestro Señor, ou senón mirade o triángulo equilátero que leva na chupa.
As ameazas se cumpriron. Anos máis tarde a Peña Chiribí (verdadeiros culpábeis) desapareceu, e o Real Oviedo baixou de primeira a segunda, de alí a Segunda B, e de aí, a Terceira. Lle custou un juevo subir de novo á categoría de bronce, pero se trataba tan só dun xogo macabro do de arriba, porque novamente descendeu aos avernos.
Canta razón tiña o fundador do Opus Dei: «¿No ves cómo proceden las malditas sociedades secretas? Nunca han ganado a las masas. -En sus antros forman unos cuantos hombres-demonios que se agitan y revuelven a las muchedumbres, alocándolas, para hacerlas ir tras ellos, al precipicio de todos los desórdenes… y al infierno. -Ellos llevan una simiente maldecida.»
Eso, en «cristiano», viría a ser que se pertences a unha peña ultra e a sede está nun bar de herexes, non se che ocorra boicotear unha procesión porque a peña se vai disolver e o teu equipo vai caer até rexional.
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities, Xentes da grada |
2 Grandísimas aportacións »
17 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Aconteceu esta fin de semana no preolímpico da CONCACAF que se disputa nos Estados Unidos. O equipo anfitrión venceu pola mínima á selección de Honduras no derradeiro minuto, e de penalti. Nun intre do encontro salta ao campo unha espontánea en bikini e ataviada coa bandeira norteamericana das barras e estrelas.
O xogador que se ve na foto é o defensa Hunter Freeman, que ou ben é gay ou se toma demasiado ao pé da letra unha norma básica de calquer adestrador: Nunca se pode perder de vista o balón. Neste caso caso penso que tampouco lle pasaría nada se a mirase aínda que sexa un pouco de refugallo, non é pecado, digo eu.
Non sabemos como rematou a historia, nin tampouco como son as leis en Florida, onde se disputou o partido, pero se temos en conta o tiquismiquis que son os americanos para estes rollos o normal é que mandaran a esta rapaza de cabeza a Guantánamo. E menos mal que non levaba un pitillo na boca, que senón a acribillan a tiros alí mesmo.
Arquivado en Elas tamén xogan |
1 Grandísima aportación »
17 de Marzo do 2008 perpetrado por
o traveseiro
Sen necesidade de abri-la boca, un simple xesto co dedo serve para mostra-la túa aprobación ou rechazo ante algo ou alguén. Poñerei un par de exemplos con dous dedos distintos da man.
Exemplo 1: Dedo pulgar.

Hai moita xente á que non lle gusta defecar fóra da casa, e só acoden a un baño público en caso de estrema necesidade. Te estás a cagar enriba, te fode, pero non che queda outro remedio que ir a soltar a túa pesada carga no retrete de ese apestoso bar. Mais ao entrar te atopas con que teñen o papel hixiénico oficial do Real Madrid. Ese momento xa non se fai tan incómodo, levas unha ledicia, e o amosas extendendo o dedo pulgar hacia arriba en sinal de satisfacción.
Exemplo 2: Dedo corazón.

O Real Madrid chega ao aeroporto da Coruña e unha multitude o está a agardar, entre os que se atopan un grupo de persoas que lle adican a Guti e Michel Salgado (aínda non se xogara o partido e xa sabían que lle ía pasar o de case que tódolos anos: sair escaldados) unhas bonitas verbas como benvida. Salgado se comporta como un cabaleiro (cousa que non é) e fai oídos xordos, mais Guti opta por mostra-la súa desaprobación extendendo o dedo corazón da man esquerda en plan falócrata. Esta opción é bastante habitual no Real Madrid, e neste caso Guti a usa como alternativa a respostar con «xenialidades» do tipo de «paletos», que lle adicara a afeccionados do Vilarreal hai uns anos.
Agardo que esta pequena lección servise para que saibades como actuar en cada un dos casos. No primeiro non só basta con extender o dedo, jiñar e logo limparte o cu entre risas. Tamén é importante preguntarlle ó tipo do bar onde o mercou e por suposto levarse o rollo para a casa.
Arquivado en Odioteca |
2 Grandísimas aportacións »