Discriminación por razón de bici

3 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Disque na maioría dos países árabes as mulleres non poden asistir a partidos de fútbol, e nunha minoría sí que poden, pero teñen que estar separados dos homes. Pois en Europa tamén as mulleres sofren discriminación á hora de ve-lo fútbol, e a proba a temos nesta imaxe.

bicis1.jpg

Antes de nada, explicarvos que no Imperio Pequeno os xubilados e parados se pasan esas longas xornadas de lecer ollando obras, dando de comer ás pombiñas nos parques, e, un grupo bastante numeroso, no bar, empinando o cóbado. Mais nos países do Leste optan por coller ese magnífico, sano e, polo que se ve, utilísimo medio de transporte chamado bicicleta e acudir a ve-lo adestramento ou partido do teu equipo sen pagar un can. Porque alí non é como aquí, que as bicletas son para o verano, non, noutros lados tamén son para o inverno, para o outono e para a primavera.

Dito isto, vou a explicarvos onde este tarado ve discriminación algunha contra a muller, sobretodo aí, onde non hai nin unha soa. Efectivamente, ao que chegamos a albiscar nesa ringleira só hai homes vendo polo morro un partido de fútbol. Fixádevos agora no tipo da segunda bicicleta, no primeiro plano. É o único que non alcanza a superar o valado, ¿e por qué? Pois pola sinxela razón de que se está a apoiar nunha bici de mulleres, de esas que non teñen barra no cadro.

Se o biciclista este se subira a unha bici para homes non tería problema algún, coma os seus compañeiros, pero como leva unha para femias ten que conformarse con ve-lo fútbol de puntiñas ou a saltiños, ou preguntarlle ao do lado o que acontece. Polo tanto, queda claro que as mulleres non poden ver fútbol sen necesidade de pasar por caixa, a non ser que usen unha bici para homes, co perigo que supón para a súa integridade física.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada |

3 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Si es que está clarísimo, el que no encuentra indicios es porque no quiere. Aunque vamos, también es verdad que, el colega de la bici de mujer, un poco torpe sí que es…:P

    Saludos ;)

  2. Sergio Cortina Escribiu:

    Desde luego que llevar una bici de mujer no merece más castigo que este…

  3. lanoviadeportillo Escribiu:

    Genial

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo