¡Toma polo cu!
4 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Partido de volta das semifinais da Copa de Europa da tempada 83-94, se enfrontan a Roma e o Dundee United. Na ida gañaran os escoceses 2-0, mais a Roma foi quen de darlle a volta á eliminatoria na súa casa derrotándoos por tres tantos a cero coa afección apoiando a morte. O adestrador escocés, o mítico Jim McLean (vinte anos adestrando ao Dundee), lle recrimina aos xogadores romanos que provocaran a hostilidade dos seareiros. Rematado o encontro, os Pruzzo, Nela, Conti, Cerezo... se van a por el con moita educancia, para explicarlle con voas palabras que hai que saber perder.
O modesto Dundee se quedou ás portas da final, pero en realidade os que tomaron polo cu foron os romanistas. A final disputaríase no propio Olímpico de Roma, e perderían co Liverpool na tanda de penalties, que non debe foder nin nada. Para colmo, un ano máis tarde un tribunal de Roma abriu unha investigación por tongo nese encontro das semifinais. Polo visto o presidente da Roma e senador da República italiana, Dino Viola, mercou ao árbitro do encontro con 10 millóns de pesetas da época. Ao final, como case sempre non se chegou a nada, pero puxo en tea de xuizo unha vez máis aos clubes italianos.
Xa antes daquela eliminatoria xa foran multados en varias ocasións a Juventus, Milan e Inter por compra de partidos europeos, ademais de sancións a árbitros por aceptar agasallos sospeitosos destes clubes. Máis de vinte anos pasaron e aínda seguemos nas mesmas, a liga italiana é un puto desfase e hai pouco se dixo (coido que alguén do Liverpool) que aos clubes italianos non deberían deixarlles participar en competicións europeas por tramposos.
Por certo, volvendo á foto do principio, dous apuntes.
1. Xa se falou aquí dos problemas de vista ou deficiencia mental dos espectadores do Olímpico de Roma. Xa pasaran algunhas tempadas dende aquela e no marcador seguían a poñer que a Roma ía de giallorossi. Neste caso ao Dundee non lle poñen cor, seguramente porque aquel día xogaba de branco e estes subnormais pensaban que se non sae no arco da vella non é unha cor, así que o marcador vai en limpo.
2. Fixádevos no futbolista que asoma á dereita da foto, medio tapado por un xornalista. É idéntico a Santi Rodríguez, o actor que encarna ao Frutero na serie Siete Vidas, de Telecinco.
chúzame - Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |



marzo 5th, 2008 ás 3:18 am
Si es que hay que saber perder….y también hay que saber ganar. Después de la que le liaron al técnico del Dundee mira la que les cayó en su propio campo. Qué humillación…