O circo de La Romareda

5 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

milikis.JPG

Non gañan para disgustos no Real Zaragoza. ¿Onde está a virxe do Pilar cando se lle necesita? Son moitas as casualidade circenses: Tiñan a dous irmáns que se apelidan Milito, un deles de nome Gaby, que foi traspasado. O presidente se chama Agapito e o director deportivo Pitufo Pardeza. Hai uns meses cesaron ao adestrador Víctor Fernández, e o seu substituto, Garitano, se pirou á semana. Remplazouno Jabo Irureta, que onte presentou a súa dimisión entre outras cousas porque a súa mensaxe non chegaba ao vestiario.

Pois para que a mensaxe chegue ao vestiario o presidente decidiu fichar como adestrador a Miliki, que para máis inri se apelida Aragón. Miliki se dirixirá "A mis niños de treinta años" para que comencen a gañar partidos porque senón van para segunda de cabeza. No vestiario sonará antes dos partidos "La gallina Irureta", en homenaxe ao anterior adestrador que os deixou tirados; "Hola Don Agapito", en referencia ao presidente; "Feliz en tu día" (o Zaragoza cumpre 75 anos); ou "Como me pica la nariz", para os seareiros máis farlopeiros.

Ademais, nos desprazamentos en autobús soará, como non, "El auto nuevo" facendo unhas pequenas variacións na letra para adapta-la aos novos tempos: "En el auto de papá nos iremos a pasear... vamos pa segunda, pi, pi, pi, en un auto feo, pero no me importa, pi, pi, pi, porque la Expo es en Zaragoza". Este tema será interpretado a coro polos xogadores no autobús a excepción de Juanfran, onde só poderá cantar o de pi, pi, pi.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Cuspidinhos, Idas de olla |

3 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    JAJAJAJAJAJAAJAJAJAJA!!! Qué cabrón con lo de Juanfran!!! Te has pasao jajajaja!!! Pobre chaval… xDD

    Por cierto, eso de que te venga Miliki a resolver una crisis ya me suena de algo…

    :D

  2. juggalo Escribiu:

    …e Rita Irasema de masaxista

  3. Djukica Escribiu:

    jajaja, moi boa mensaxe, a verdade é que non Real Zaragoza viven nun puro circo…

    Como non podía ser doutra forma tendo de estrela O PAIASO Aimar. Que coido te esqueciches de citar ó “Sr. Escupitallos” amigo Traveseiro ;-)!!

    Pd: Juggalo cando poidas bota unha ollada a un privado que che enviei ó outro foro. ;)!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo