Se non queres caldo… toma sete tazas

6 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

jomada.jpg

Foi noticia hai uns meses o numeriño que montou un avogado turco por mor dunha camisola do Inter que consideraba ofensiva para o Islam, pedindo que lles quitasen os tres puntos para darllos ao seu equipo, o Fenerbahçe. Este equipo enfrontouse nos octavos da Champions ao Sevilla, que ten (tiña, xa) como camisola oficial desta competición o adefesio da foto.

Vendo os antecedentes penso que deberían evitar xogar con ela, que aínda por riba é peor que a do Inter. Porque vale que a cor non sexa exactamente vermello, pero vista así é claramente unha cruz desa cor, e máis gorda aínda que a dos italianos. Para colmo, a publicidade é dunha casa de apostas, e lembremos que o Islam prohibe o xogo e as apostas.

Pero é que ademais,  se dicides os tres números rápido (8-8-8) acabas nomeando ao que se coñece popularmente como o órgano de micción e reproducción feminino, e xa sabedes como son os islamistas para estes rollos. Un modelo de camisola que dende logo non sería  record de vendas nos países árabes... e dos que non son árabes (ver detalle do pescozo).

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios |

Comentarios

  1. Tomi Escribiu:

    Es horrorosa la camiseta de marras … Y la negra con la bandera de España a modo de fajín no te la pierdas tampoco de vista, ¿Eh, tron?

    Claro que, para visión horripilante, la que tuvimos los Atléticos cuando al bastardo de nuestro presi le dio por anunciar las putas películas de los cojones.

    Por las noches, aún tengo pesadillas viendo a Leticia Sabater, alias “Pato Sosa”, con la rojiblanca puesta y anunciando “una rubia de pelo en pecho” … No creo que jamás lo pueda superar.

    Un saludo, y gracias por el enlace que pusiste a mi bloq el otro día en el tuyo cuando a mi querido árbol frutal que tengo de presi le dio por mostrar al mundo lo puto subnormal profundo que es.

    Un saludo.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo