A camisa de forza do Tolo Abreu
7 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Aqueles tempos en que os futbolistas só intercambiaban camisolas nos partidos internacionais e de seleccións remataron. Agora se puxo de moda até na Liga, e está chegando esto a un punto que hai clubes que llo teñen prohibido aos seus xogadores para non quedarse sen existencias. Pois é nese momento (troco de camisola), amén de cando marcan gol, onde se ve o que levan por debaixo, e hai de todo: os que levan unha camisola reinvindicativa, os que levan o nome dos seus fillos, pais..., os da marca que o patrocina, e a maioría a clásica de tirantes ou térmica.
Máis hai un futbolista de todos e todas coñecido que leva só unha camisola por debaixo da do equipo, pero que está formada por farrapos con restos de moitas, que, cosidos, forman unha soa. O futbolista é Sebastian "El Loco" Abreu, e a de enriba é a súa particular camisa de forza, a que leva sempre por debaixo. Paso a explicarvos as cinco partes da súa composición.
1. A parte principal, á dereita, en azul celeste, a camisola da selección de Uruguay, o seu país. Leva como non o número 13 de El Loco.
2. A parte da esquerda, a camisola azul cunha banda branca, é a da selección do departamento de Lavalleja, onde xogaba o seu pai.
3. O escudo que está bordado na camisola uruguaia é o de Nacional de Montevideo, o equipo do que é seareiro Abreu dende neno.
4. Á esquerda, bordada a bandeira de Uruguay.
5. Abaixo, á dereita, foto de Abreu cos seus fillos, Valentina e Diego.
Pode que Abreu estea como unha puta regadeira, pero o que non se pode dicir é que a camisola non sexa orixinal e estea feita con moito sentimento. Un Abreu, por certo, que en Europa só chegou a militar no Deportivo, pero que en Latinoamérica pasou pola tira de equipos: Nacional e Defensor (Uruguay); Tigres, San Luis, Tecos, Cruz Azul, Monterrey, Dorados e América (México); Gremio (Brasil); e San Lorenzo e River, onde xoga actualmente (Arxentina). Casi na.
chúzame - Arquivado en Chámalle X |



marzo 7th, 2008 ás 1:35 am
Iso si que é Reciclaxe é o demais son parvadas…
Pd: (repito a miña posdata da anterior mensaxe, Juggalo, sé lés esto cando poidas mira os privados do foro
graciñas).
¡¡¡ Que bueno que viniste Abreuuuu!!! (que lembranzas a cancionziña…
marzo 11th, 2008 ás 2:28 am
O tío deixou aquí algunha das súas tolerías. Coma en Mallorca, que finxiu estar lesionado para perder tempo e cando o levaban en padiola se ía partindo as cachas, cas mans na caluga, coma se estivese no sofá da casa.
Era moito