¿Tanto frio fai?

8 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

iran.jpg

O céspede non parece estar xeado, as árbores teñen folla verde e polo que se ve está a quenta-lo sol. ¿Entón que fan estas mulleres xogando ao fútbol amantadas de pés a cabeza se non vai frio? Moi fácil, teñen a desgraza de sofrir a lacra social do machismo. Unha lembranza para todas elas neste 8 de Marzo, Día da Muller.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan |

3 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    a de vermello parece estar a facer o brikindans, pero a de branco ten un estilazo que xa o quixese para sí moitos xogadores de primeira división.

    a posición do corpo é a perfecta para golpear o balón…e coa esquerda. unha crack (ten a verba “crack” feminino?)

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Se te fixas, ademais leva a camisola co número 10.

    Non sei como se di “crack” en feminino, pero si sei como se di en ignorante: Craft. O digo porque xa o escoitei máis dunha vez: “Ese tío é un Kraft”. Moita maMonesa toman algúns.

  3. Djukica Escribiu:

    Será “cracka”, o feminino digo?? jajajaj… habería que consultar a Lázaro Carreter ou algún estudioso da língua…

    A foto non ten desperdicio, parece sacada de “Coros y danzas” de “El Día después” pero dito iso, estou dacordo con Juggalo na calidade individual que amosa a rapaza da dereita…

    Xa a quixeran para sí moitos futbolistas de 1ª División!! :P

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo