Tocando os collóns

11 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Un dos momentos míticos da historia moderna do fútbol español o protagonizaron en 1991 o colombiano Carlos Valderrama e Míchel González nun Real Madrid-Valladolid. Falo de historia moderna referíndome a cando empezaron a meter 50.000 cámaras de televisión nos partidos de fútbol e o dobre de fotógrafos que o captaban absolutamente todo. E unha desas capturas é a que comento: nun saque de esquina a prol dos puceláns a Míchel se lle dá por facerlle unha marcaxe especial a El Pibe Valderrama baseada nun pequeno tocamento dos xenitais ao principio para despois pasar a un total magreo.

micheltocawebs.jpg

Aquelas imaxes deran á volta ao mundo, engrandecidas ademais porque eran dous xogadores moi coñecidos a nivel internacional. Valderrama chegara ao Valladolid en plan estrela xunto aos seus compatriotas Pacho Maturana, Leonel Álvarez e René Higuita. O primeiro como adestrador, o segundo un xogador do montón cun gran parecido co cantante de Camela e o último un porteiro famoso polo seu despexe de escorpión e por "triunfar" no Mundial de Italia 90 con cantadas espectaculares. Na liga española fracasaron completamente os catro.

De Míchel se podería escreber un libro de oitocentas páxinas. Xogador sobrevalorado, nese mesmo Mundial pasou á historia por marcarlle tres goles a Corea (berrando "Me lo merezco, me lo merezco!!") para logo ser responsábel da eliminación de España ("Te lo mereces") ao agacharse na barreira dunha falta transformada por Stoijkovic no España-Iugoslavia de oitavos de final. Pero claro, como non era Julito Salinas ninguén lle dixo nada. Tamén era típico nel saírse contra Logroñés, Burgos ou Castellón para logo cagarse pola pata abaixo e non rascar bola en partidos europeos coma en Eindhoven, Milán ou París. Era para o fútbol coma Epi no baloncesto. Vou parando, deixarei para máis adiante outras anécdotas do ínclito porque dá para moitos post (a súa faceta como comentarista de partidos en TVE ten bastante chicha).

vinnie-jones.jpg

Tras aquel asunto con Valderrama nos campos españois se empezou a chamar a Michel maricón, algo que perdura hoxe en día. El hai pouco declarou no programa de Jesús Quintero que foi o primeiro futbolista que sacaron do armario, así, en plan sorna, e que non lle molesta en absoluto. Mentira cochina (o de que non lle importa, vaia se lle importa).

O caso é que esta semana me encheu de ledicia ver que ese gran episodio non cae no esquecemento e que o debuxante Pedro Vera, en El Jueves, tivo a ben utiliza-lo termo tocando os collóns en plan metafórico para exemplificar o que fai Esperanza Aguirre (no papel de Míchel) con Alberto Ruiz Gallardón (no de Valderrama). Logo hai outro que sería estruxamento total dos testículos, que é o fai o gran Vinnie Jones co non menos grande Paul Gascoigne, momento que recolle a imaxe.

Me pregunto cantos xogadores rivais, afeccionados e sufridos televidentes que soportaron as seus soporíferos comentarios, pagarían por ver nun campo de fútbol, ou fóra del, como Vinnie Jones lle apretara as pelotas a Míchel desa bonita maneira causando moita, o que se di moitísima dor.

 

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |

4 Comentarios

  1. Roberto Escribiu:

    Recuerdo las semifinales de Copa de 1999 (como para olvidarlas). Cuando el Madrid ya perdía por 4 en Mestalla, Michel comentó: “pues ahora si que se le complica la remontada al Madrid”. El Valencia acabó ganango 6-0. Así es Michel, un sabio de nuestro fútbol.

  2. juggalo Escribiu:

    Ainda que non sexas a Paris de Noia…admítense peticions?

    Un post sobre Vinnie Jones.

    Dende o libro que sacou titulado “Formas de lesionar a un contrario sin que se entere el árbitro”, ou algo parecido, ata súa faceta de actor (metía medo en “Snatch, cerdos y diamantes”)

    ahí queda o reto.

  3. Sergio Cortina Escribiu:

    Siempre tocándose los cojones los futbolistas, que feas costumbres. Son como monos!

  4. O Traveseiro Escribiu:

    Roberto, a mellor frase de Michel para min: “Un gol en contra siempre es un contratiempo”.

    Juggalo, xa sei que non son a París de Noia, me tira máis a Panorama, aínda así tomo nota da suxerencia.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo