Un traveseiro moi brasileiro
13 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Os ránkings de blogues é algo que está en completo auxe. Consiste en que o propietario dun blogue elabore unha lista cos blogues (neste caso futboleiros) que lle parecen máis interesantes, de visita obrigada ou o que sexa. Un ránking destes bastante coñecido é o de El Hacha de Rubén Uría, que até hai ben pouco elaboraba el mesmo de forma subxectiva e tendenciosa (segundo as súas propias verbas). Agora polo visto van/imos ser os propios lectores os que voten aos mellores, baixo unhas normas ou criterios, coma por exemplo non poder votarse a si mesmo.
Mais ese non é o único. Onte comprobo que teño unha ligazón entrante dende Pinceladas de Fútbol, páxina que non coñecía. Entro e comprobo que se trata dunha nova clasificación de blogues futboleiros ordeados por número de puntos. Me quedo flipado cando vexo que O Traveseiro figura na novena posición con 5 puntos, empatado con outras bitácoras. E digo que flipo porque cando se me deu por crear O Traveseiro era ca finalidade de pasar o rato e desafogarme soltando paridas que non tiñan cabida nos foros futboleiros onde participaba, e na miña vida pensei que podería ser lido por alguén e moito menos que ese alguén ou alguéns foran capaces de darme nin puto punto nun ránking de blogues futboleiros.
Pero iso non foi sorpresa ningunha se o comparamos co que veu logo. Miro a ver o comentario do autor sobor O Traveseiro e me topo con isto.
Estiven a rir como media hora seguida. Aínda que algún comentario xa advertiu do erro, eu tiven que loxicamente intervir aclarando que non son brasileiro, pero que é normal que se me confunda pola miña depurada técnica. O administrador non tardou en correxi-lo erro... e empeora-lo aínda máis.
Volo xuro, a min me ía mal, choraba ca risa pero xa pasei de insistir no erro porque o prefiro así. Ao mellor a outro lle parecería fatal, pero a min me parece surrealista total, pega moito con esto, e dende aquí agradézolle a Pinceladas este detalle. Me queda a dúbida de por qué brasileiro e non galego, porque sempre tiven claro cando me iniciei nesta aventura que o blogue sería escrito en galego, pero non sabía se o faría en reintegrado (galego-portugués) ou en xunteiro (normativo). Ao final me decidín pola segunda opción porque o primeiro non o domino moito e ademais deste xeito a xente se daría conta rápido de que son galego e non portugués ou brasileiro. Pois ao final nin con esas. Vendo como está o patio terei que engadir isto no meu perfil, que deberá ser lido poñendo acento de Bebeto: "Este blogue o fago com muito trabalho e muita humildade ne, seguro que si".
chúzame - Arquivado en Autobombo |



marzo 13th, 2008 ás 3:01 am
Jajajajjajaja!!! Veo que todavía ni te diste cuenta de quién te dio esos 5 puntos!!! Pues mira aquí anda: http://pinceladasdefutbol.wordpress.com/2008/03/06/ranking-de-blogs-del-mes-de-febrero/
Y tampoco te diste cuenta de que corregí al de “Pinceladas de fútbol”? Jajajaja. Está en el mismo post del ranking final, el que citas en tu artículo
Saludos…
marzo 13th, 2008 ás 10:47 am
Esto de los ránkings no me acaba de convencer (eufemismo puro y duro), pese a que he aparecido durante tres meses consecutivos en el de Rubén Uría. Y no es por echarme flores (mentira, sí lo es). Se supone que la finalidad de éstos es dar a conocer blogs que comienzan, pero en realidad, nada de nada… A lo de “gallego hablando de fútbol brasileño” me remito.
En fin, enhorabuena de todas formas. Y espero con ansiedad tu crónica de la última jornada del Brasileirão.
marzo 13th, 2008 ás 11:14 am
Só che falta Denise, a muller de Bebeto para que sexa totalmente creíble a imitación. Porque o que é o acento, o tes do mesmo Salvador de Bahía…
Tiki taka blogueiro Sr. Traveseiro, Tiki takaaaa!!
Caviar futboleiro atópase neste recuncho cibernético.
marzo 13th, 2008 ás 11:55 am
nin Ronaldo, nin Ronaldinho, nin Robinho, nin Romario…
…EU VIN XOGAR Ó GRAN RAUDNEI!!!! (Jao, pra os amigos)
marzo 13th, 2008 ás 5:25 pm
Perdona mi error compañero. Pero es que no te conocía y la verdad es que no entiendo muy bien el gallego y lo entendía por brasileño.
Mis más sinceras disculpas por mi torpe error.
Ahora lo cambiaré y pondré un Gallego nos habla de la liga española.
saludos
marzo 13th, 2008 ás 5:40 pm
Estás como Renaldo jajaja