Arriba eses dedos

17 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Sen necesidade de abri-la boca, un simple xesto co dedo serve para mostra-la túa aprobación ou rechazo ante algo ou alguén. Poñerei un par de exemplos con dous dedos distintos da man.

Exemplo 1: Dedo pulgar.

papel-hixienico.jpg

Hai moita xente á que non lle gusta defecar fóra da casa, e só acoden a un baño público en caso de estrema necesidade. Te estás a cagar enriba, te fode, pero non che queda outro remedio que ir a soltar a túa pesada carga no retrete de ese apestoso bar. Mais ao entrar te atopas con que teñen o papel hixiénico oficial do Real Madrid. Ese momento xa non se fai tan incómodo, levas unha ledicia, e o amosas extendendo o dedo pulgar hacia arriba en sinal de satisfacción.

Exemplo 2: Dedo corazón.

guti.jpg

O Real Madrid chega ao aeroporto da Coruña e unha multitude o está a agardar, entre os que se atopan un grupo de persoas que lle adican a Guti e Michel Salgado (aínda non se xogara o partido e xa sabían que lle ía pasar o de case que tódolos anos: sair escaldados) unhas bonitas verbas como benvida. Salgado se comporta como un cabaleiro (cousa que non é) e fai oídos xordos, mais Guti opta por mostra-la súa desaprobación extendendo o dedo corazón da man esquerda en plan falócrata. Esta opción é bastante habitual no Real Madrid, e neste caso Guti a usa como alternativa a respostar con "xenialidades" do tipo de "paletos", que lle adicara a afeccionados do Vilarreal hai uns anos.

Agardo que esta pequena lección servise para que saibades como actuar en cada un dos casos. No primeiro non só basta con extender o dedo, jiñar e logo limparte o cu entre risas. Tamén é importante preguntarlle ó tipo do bar onde o mercou e por suposto levarse o rollo para a casa.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca |

2 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Yo también quiero papel higiénico de ese, para “defecar” en ese escudo todos los días.

    Por cierto, gracias por ganarles. Ahora, ya se puede meter Guti su dedo POR EL CULO :D

  2. Djukica Escribiu:

    Este fío é escatolóxico… jajaj…

    A verdade eu non usaría o papel hixiénico “merengue”, coido que sairíanme ronchas no cú, dame alerxia tódolo relacionado cos merengues…

    Como diría “Estibi”, máis vale prevenir que lamentar, e o meu cú non lle voy facer esa putada!! jajajja…

    Guti guti m…. m…. m… ohh ohhhh!!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo