Preolímpico caluroso

17 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

usa-honduras.jpgAconteceu esta fin de semana no preolímpico da CONCACAF que se disputa nos Estados Unidos. O equipo anfitrión venceu pola mínima á selección de Honduras no derradeiro minuto, e de penalti. Nun intre do encontro salta ao campo unha espontánea en bikini e ataviada coa bandeira norteamericana das barras e estrelas.

O xogador que se ve na foto é o defensa Hunter Freeman, que ou ben é gay ou se toma demasiado ao pé da letra unha norma básica de calquer adestrador: Nunca se pode perder de vista o balón. Neste caso caso penso que tampouco lle pasaría nada se a mirase aínda que sexa un pouco de refugallo, non é pecado, digo eu.

Non sabemos como rematou a historia, nin tampouco como son as leis en Florida, onde se disputou o partido, pero se temos en conta o tiquismiquis que son os americanos para estes rollos o normal é que mandaran a esta rapaza  de cabeza a Guantánamo. E menos mal que non levaba un pitillo na boca, que senón a acribillan a tiros alí mesmo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan |

Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    joder coa garota como está… levaba as barras e estrelas?? Ahhh siii… esto….

    O conxuntiño negro é monísimo… tomo nota das “tendencias” norteamericanas para recomendarllas á miña moza.

    Ñam ñam, que fame teñooo!! :D

    Pd: Empézame a gostar o “Soccer” jajajaj

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo