Resurrección do fillo de Maradona
23 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Non me estou a referir ao seu fillo italiano, Dieguito, que todavía é moi xoven, senón ao maior, Xesús, falecido xa hai bastantes anos.
Na Arxentina sempre houbo un debate por saber de que equipo é D10S. Sobre o papel, de Boca Júniors, mais se comenta que realmente é do equipo onde se formou, Argentinos Júniors. Outros sen embargo aseguran que en privado o propio Diego confesa que é do Independiente de Avellaneda. A saber.
Onde non hai dúbida é de que equipo era seareiro o seu fillo Xesús. Un humilde fillo de carpinteiro non podía ser afeccionado do River Plate, por exemplo. Tiña que ser dun equipo pequeno e humilde coma el, por iso escolleu o Club Atlético Atlanta. A proba a temos neste mural atopado no barrio bonaerense de Vila Crespo, sede do Atlanta. Nel apreciase como Xesús foi crucificado vestindo unha camisola de Los Bohemios. A proba é concluínte, mais, coma sempre, falta a opinión do Vaticano.
chúzame - Arquivado en D10S |



marzo 27th, 2008 ás 10:25 pm
Pra min que o da foto é Kempes, o mítico nove que goleara no Valencia entre outros equipos.
E digo eu, sen ánimo de ferir sensibilidades de ningún tipo, non sería mellor por en vez de a Xesucristo a unha rapaza en bolas ou lixeira de roupa cos brazos abertos??
Estou seguro de que levantaría moiiiiitas máis simpatías!!!!
Auuu auuu auuuuuu!!!1