Infraestructuras e roupa… xa!!!

24 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

infraestructuras.jpg

A mediados da semana pasada un problema alleo á miña persoa provocou que desaparecera unha anotación e varios comentarios deste meu/noso blogue, e entre estes últimos o de alguén (os que deixan comentarios se contan por miles e non me lembro de quen se trata) se queixaba ou reclamaba de que tódolos homes que saltan a un campo de fútbol en plan espontáneo van totalmente en pelotas. Sen embargo non ocorre así cas mulleres, que, as poucas que saltan ao campo, non o fan totalmente espidas, como deus as trouxo ao mundo.

Esta foto serve para desmontar esa teoría. Non estou del todo seguro, pero coido que aconteceu no campo de Butarque, onde xoga o CD Leganés. Unha señorita salta ao campo en pelotas, portando somentes unhas chancletas e unha tira no que reivindica infraestructuras para o seu barrio, nas que se teñen que incluir roupa de abrigo ou, cando menos, algo de lencería.

A foto non é de moita calidade, pero se aprecia perfectamente as facianas de satisfacción dos policías nacionais (modelo taberneiros) que a acompañan a cachear, e como ao da esquerda se lle está empezando a poñer a porra erecta.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan |

Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    Ahí ahí!!! no fio anterior reclamaba rapazas medio espidas (que mal estou jajaj) e aquí volvemos ás andadas Sr. Traveseiro!!…

    Fago unha proposta, porque non sacas homes coa pirola ó aire tamén?? Que eu encantado só saian rapazas (e más se é defendendo causas xustas), pero se nos ve demasiado o plumeiro penso!!!!

    A todo isto, non sei ben de que ía a nova, foi ver a rapaza e a sua dianteira, que queres que che diga… foíseme o santo o ceo!! jajajajja

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo