Balóns de cemento

26 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

baloncemento3002gg.jpg

Aconteceu en Berlín durante o pasado Mundial de Alemaña. Dous xóvenes tiveron a ocurrencia de reencher de cemento nove balóns de fútbol e distribuílos por toda a cidade xunto cunha nota que poñía: "¿Podes chutalos?" Moitos viandantes aceptaron o reto de darlle unha patada a eses esféricos que pesaban arredor de 15 quilos, cas conseguintes lesións. Máis dun se tivo que levar os ósos do pé nunha bolsa de plástico.

balones_cemento3.jpg

Pois polo que se ve, esa moda de reencher balóns con formigón non se perde. Neste caso non é por foder os pés dos viandantes, senón a vista. Se viu nunha finca privada na localidade coruñesa de Curtis. O propietario se quixo saír da norma de corona-las columnas do peche das fincas con bolas de cemento, e el, que é moi futboleiro, optou por sustituílas por balóns de fútbol pintado cas cores dos seus equipos favoritos. Só falta que veña o típico mongolo e se lle dea por remata-los ca testa.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios |

2 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Jajajajaja!! Pues seguro que hay algún imbécil que imita a Luca toni con los baloncitos!!! :P

  2. Djukica Escribiu:

    Eu fixo, segurísimo, que sería un deses imbéciles que lle daría un patadón á bola…

    Iso sí, logo sería o pirata pata de palo.. máis coxo co cabalo do malo…!!

    :p jajajjaja (moi bo artigo Sr. Administrador):)

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo