Moita policia, pouca diversión

27 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Disque que o outro día, cando un seareiro do Betis lle tirou unha botella ao porteiro do Athletic, non foi retido polo resto dos afeccionados que o rodeaban. En realidade si que foi un afeccionado o que o retivo, pero se trataba dun policía que estaba a asistir ao partido. Nalgunhas imaxes vese coma un tipo cun chándal do Betis o retén, e namentres o fai lle amosa a carteira, e todo indica que o que realmente lle ensinou era a súa placa de madeiro, e non a foto da súa muller e fillas.

pulisia.JPG

Para evitar o que está pasar un día si e outro tamén, no Villamarín/Loperra Stadium deberían facer coma en Rusia. Como se aprecia na foto, alí hai tanta psicose pola seguridade que acoden aos campos máis policías que afeccionados. Se ollamos ben para a imaxe vemos coma unha ringleira si e outra non están ocupadas polas forzas da orde. As outras están reservadas para os seareiros, pero só uns cantos valentes se atreven a ocupa-las, formando un perigoso sandwich de hostias, porrazos e vexacións coma ingredientes principais.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada |

2 Comentarios

  1. Roberto Escribiu:

    Al menos se evitarían cosas como éstas: http://es.youtube.com/watch?v=-G9dlnIHOTY

  2. Djukica Escribiu:

    Esa foto é unha montaxe?? joder, de ser real alucino en cores (saúdos a benito cores jajaj)…

    Eu paso de ir a un estadio con tremenda cantidade de madeiros, sería botar unha pipa ó chan e empezar a recibir unha malleira policial por delincuente…

    Mi madriña, dame medo a foto…

    Papá teño medooooo!!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo