Preolímpico caluroso

17 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

usa-honduras.jpgAconteceu esta fin de semana no preolímpico da CONCACAF que se disputa nos Estados Unidos. O equipo anfitrión venceu pola mínima á selección de Honduras no derradeiro minuto, e de penalti. Nun intre do encontro salta ao campo unha espontánea en bikini e ataviada coa bandeira norteamericana das barras e estrelas.

O xogador que se ve na foto é o defensa Hunter Freeman, que ou ben é gay ou se toma demasiado ao pé da letra unha norma básica de calquer adestrador: Nunca se pode perder de vista o balón. Neste caso caso penso que tampouco lle pasaría nada se a mirase aínda que sexa un pouco de refugallo, non é pecado, digo eu.

Non sabemos como rematou a historia, nin tampouco como son as leis en Florida, onde se disputou o partido, pero se temos en conta o tiquismiquis que son os americanos para estes rollos o normal é que mandaran a esta rapaza  de cabeza a Guantánamo. E menos mal que non levaba un pitillo na boca, que senón a acribillan a tiros alí mesmo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan | 1 Grandísima aportación »

Arriba eses dedos

17 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Sen necesidade de abri-la boca, un simple xesto co dedo serve para mostra-la túa aprobación ou rechazo ante algo ou alguén. Poñerei un par de exemplos con dous dedos distintos da man.

Exemplo 1: Dedo pulgar.

papel-hixienico.jpg

Hai moita xente á que non lle gusta defecar fóra da casa, e só acoden a un baño público en caso de estrema necesidade. Te estás a cagar enriba, te fode, pero non che queda outro remedio que ir a soltar a túa pesada carga no retrete de ese apestoso bar. Mais ao entrar te atopas con que teñen o papel hixiénico oficial do Real Madrid. Ese momento xa non se fai tan incómodo, levas unha ledicia, e o amosas extendendo o dedo pulgar hacia arriba en sinal de satisfacción.

Exemplo 2: Dedo corazón.

guti.jpg

O Real Madrid chega ao aeroporto da Coruña e unha multitude o está a agardar, entre os que se atopan un grupo de persoas que lle adican a Guti e Michel Salgado (aínda non se xogara o partido e xa sabían que lle ía pasar o de case que tódolos anos: sair escaldados) unhas bonitas verbas como benvida. Salgado se comporta como un cabaleiro (cousa que non é) e fai oídos xordos, mais Guti opta por mostra-la súa desaprobación extendendo o dedo corazón da man esquerda en plan falócrata. Esta opción é bastante habitual no Real Madrid, e neste caso Guti a usa como alternativa a respostar con "xenialidades" do tipo de "paletos", que lle adicara a afeccionados do Vilarreal hai uns anos.

Agardo que esta pequena lección servise para que saibades como actuar en cada un dos casos. No primeiro non só basta con extender o dedo, jiñar e logo limparte o cu entre risas. Tamén é importante preguntarlle ó tipo do bar onde o mercou e por suposto levarse o rollo para a casa.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca | 2 Grandísimas aportacións »

Propaganda eleitoral con retardo

14 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

deporsport.JPG

O panfleto do Deportivo cada día se parece máis ó Marca no que atinxe as súas portadas. Se trata de entrevistar a un ou varios xogadores a diario e facerlles ocurrentes fotos facendo o paripé e engadirlles un titular estúpido. Para a edición de hoxe (13 de Marzo) escolleron a dous ex-xogadores da canteira do Real Madrid, Filipe Luis e Riki, lles deron unha bufanda dese equipo, lles pediron que puxeran cara de estreñidos e tiraran supostamente con tódalas súas forzas da mesma.

Os xogadores, en plan queda ben, din o moito que queren ao Deportivo e que van a morte contra o Madrid, como se a xente se chupara o dedo e non soubese que si mañá o equipo branco fai unha oferta por eles van para alí correndo.

Vale, pois feita a foto e escollidas as frases da portada só nos queda o titular. Estes xenios da inventiva optaron por poñer en letras ben grandes IZQUIERDA UNIDA, en alusión á demarcación de Riki e Filipe, e en pequeno CONTRA EL TSUNAMI BLANCO. Se vos fixades ten unha mensaxe eleitoralista, aínda que con retardo, xa que as eleccións xa pasaron. Nomean a un partido político que se meteu un batacazo e cuxo candidato, Gaspar Llamazares, dixo que éste se produciu por mor do Tsunami Bipartidista.

Xa postos a poñer algo de perdedores e quedar de graciosos, o que poderían facer é poñer unha foto de Aouate coas mans extendidas mostrando os seus dedos en primeiro plano. O titular sería: PROCURA ATAJAR LOS BALONES... e en pequeno O TE CORTAMOS LAS FALANGES DE LOS DEDOS. Dese xeito, se nomearía a un partido político que fracasou (para non variar neses fillos de puta) nas pasadas eleccións e xa de paso se motivaría ao porteiro branquiazul.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 2 Grandísimas aportacións »

Un traveseiro moi brasileiro

13 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

weblog.jpgOs ránkings de blogues é algo que está en completo auxe. Consiste en que o propietario dun blogue elabore unha lista cos blogues (neste caso futboleiros) que lle parecen máis interesantes, de visita obrigada ou o que sexa. Un ránking destes bastante coñecido é o de El Hacha de Rubén Uría, que até hai ben pouco elaboraba el mesmo de forma subxectiva e tendenciosa (segundo as súas propias verbas). Agora polo visto van/imos ser os propios lectores os que voten aos mellores, baixo unhas normas ou criterios, coma por exemplo non poder votarse a si mesmo.

Mais ese non é o único. Onte comprobo que teño unha ligazón entrante dende Pinceladas de Fútbol, páxina que non coñecía. Entro e comprobo que se trata dunha nova clasificación de blogues futboleiros ordeados por número de puntos. Me quedo flipado cando vexo que O Traveseiro figura na novena posición con 5 puntos, empatado con outras bitácoras. E digo que flipo porque cando se me deu por crear O Traveseiro era ca finalidade de pasar o rato e desafogarme soltando paridas que non tiñan cabida nos foros futboleiros onde participaba, e na miña vida pensei que podería ser lido por alguén e moito menos que ese alguén ou alguéns foran capaces de darme nin puto punto nun ránking de blogues futboleiros.

Pero iso non foi sorpresa ningunha se o comparamos co que veu logo. Miro a ver o comentario do autor sobor O Traveseiro e me topo con isto.

brasileiro-futboleiro1.JPG

Estiven a rir como media hora seguida. Aínda que algún comentario xa advertiu do erro, eu tiven que loxicamente intervir aclarando que non son brasileiro, pero que é normal que se me confunda pola miña depurada técnica. O administrador non tardou en correxi-lo erro... e empeora-lo aínda máis.

futboleiro-brasileiro2.JPG

Volo xuro, a min me ía mal, choraba ca risa pero xa pasei de insistir no erro porque o prefiro así. Ao mellor a outro lle parecería fatal, pero a min me parece surrealista total, pega moito con esto, e dende aquí agradézolle a Pinceladas este detalle. Me queda a dúbida de por qué brasileiro e non galego, porque sempre tiven claro cando me iniciei nesta aventura que o blogue sería escrito en galego, pero non sabía se o faría en reintegrado (galego-portugués) ou en xunteiro (normativo). Ao final me decidín pola segunda opción porque o primeiro non o domino moito e ademais deste xeito a xente se daría conta rápido de que son galego e non portugués ou brasileiro. Pois ao final nin con esas. Vendo como está o patio terei que engadir isto no meu perfil, que deberá ser lido poñendo acento de Bebeto: "Este blogue o fago com muito trabalho e muita humildade ne, seguro que si".

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Autobombo | 6 Grandísimas aportacións »

Pequenas molestias nun nocello

12 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

aaaagh.jpg

- Bos días, doutor.
- Bos días, dígame que lle pasa.
- Sinto molestias no nocello esquerdo e me doe sobretodo cando me descalzo.
- A ver, ¿lle doe cando lle toco?
- Un pouco sí, ¿de que se pode tratar?
- Tería que facer unha exploración polo miúdo, pero así, a simple vista, non me ten moi boa pinta, podería tratarse de...
- Doutor, por favor, non me teña en vilo, ¿de que se trata?
- Está ben, llo direi, pero non se asuste. Ten completamente o nocello revirao e onde debería ter os dedos dos pés ten o tacón.
- ¿E iso é grave?
- Non o sería se vostede fose un boneco Airgam Boy, pero é humano, e os humanos de momento non podemos darlle voltas ao pé así coma así. Só o fai David Copperfield e algún máis, pero non vostede, nin eu.
- ¿E terei que deixa-lo fútbol?
- Non, sempre que non se poña nas mans do doutor Borrell, especialista en foderlle a vida a futbolistas. Sendo xogador profesional non terá problemas para ser operado de xeito rápido e gratuito, e seguir cobrando sen dar pancada namentres non estea curado.
- Pero doutor, eu non sirvo para estar parado.
- Pois entón vai facer anuncios de Levi's deses que sae xente dándolle voltas ao pescozo, ás mans e ás pernas namentres non che poñan os tornillos no pé. Trunfarás, sen ningunha dúbida.

EDITADO: Ese pobre desgraciado é Jacob Olsen, futbolista do Viborg danés nun partido que se enfrontou ao Vejle o 15 de Outubro de 2006.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 8 Grandísimas aportacións »

Tocando os collóns

11 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

Un dos momentos míticos da historia moderna do fútbol español o protagonizaron en 1991 o colombiano Carlos Valderrama e Míchel González nun Real Madrid-Valladolid. Falo de historia moderna referíndome a cando empezaron a meter 50.000 cámaras de televisión nos partidos de fútbol e o dobre de fotógrafos que o captaban absolutamente todo. E unha desas capturas é a que comento: nun saque de esquina a prol dos puceláns a Míchel se lle dá por facerlle unha marcaxe especial a El Pibe Valderrama baseada nun pequeno tocamento dos xenitais ao principio para despois pasar a un total magreo.

micheltocawebs.jpg

Aquelas imaxes deran á volta ao mundo, engrandecidas ademais porque eran dous xogadores moi coñecidos a nivel internacional. Valderrama chegara ao Valladolid en plan estrela xunto aos seus compatriotas Pacho Maturana, Leonel Álvarez e René Higuita. O primeiro como adestrador, o segundo un xogador do montón cun gran parecido co cantante de Camela e o último un porteiro famoso polo seu despexe de escorpión e por "triunfar" no Mundial de Italia 90 con cantadas espectaculares. Na liga española fracasaron completamente os catro.

De Míchel se podería escreber un libro de oitocentas páxinas. Xogador sobrevalorado, nese mesmo Mundial pasou á historia por marcarlle tres goles a Corea (berrando "Me lo merezco, me lo merezco!!") para logo ser responsábel da eliminación de España ("Te lo mereces") ao agacharse na barreira dunha falta transformada por Stoijkovic no España-Iugoslavia de oitavos de final. Pero claro, como non era Julito Salinas ninguén lle dixo nada. Tamén era típico nel saírse contra Logroñés, Burgos ou Castellón para logo cagarse pola pata abaixo e non rascar bola en partidos europeos coma en Eindhoven, Milán ou París. Era para o fútbol coma Epi no baloncesto. Vou parando, deixarei para máis adiante outras anécdotas do ínclito porque dá para moitos post (a súa faceta como comentarista de partidos en TVE ten bastante chicha).

vinnie-jones.jpg

Tras aquel asunto con Valderrama nos campos españois se empezou a chamar a Michel maricón, algo que perdura hoxe en día. El hai pouco declarou no programa de Jesús Quintero que foi o primeiro futbolista que sacaron do armario, así, en plan sorna, e que non lle molesta en absoluto. Mentira cochina (o de que non lle importa, vaia se lle importa).

O caso é que esta semana me encheu de ledicia ver que ese gran episodio non cae no esquecemento e que o debuxante Pedro Vera, en El Jueves, tivo a ben utiliza-lo termo tocando os collóns en plan metafórico para exemplificar o que fai Esperanza Aguirre (no papel de Míchel) con Alberto Ruiz Gallardón (no de Valderrama). Logo hai outro que sería estruxamento total dos testículos, que é o fai o gran Vinnie Jones co non menos grande Paul Gascoigne, momento que recolle a imaxe.

Me pregunto cantos xogadores rivais, afeccionados e sufridos televidentes que soportaron as seus soporíferos comentarios, pagarían por ver nun campo de fútbol, ou fóra del, como Vinnie Jones lle apretara as pelotas a Míchel desa bonita maneira causando moita, o que se di moitísima dor.

 

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities | 4 Grandísimas aportacións »

¿Tanto frio fai?

8 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

iran.jpg

O céspede non parece estar xeado, as árbores teñen folla verde e polo que se ve está a quenta-lo sol. ¿Entón que fan estas mulleres xogando ao fútbol amantadas de pés a cabeza se non vai frio? Moi fácil, teñen a desgraza de sofrir a lacra social do machismo. Unha lembranza para todas elas neste 8 de Marzo, Día da Muller.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan | 3 Grandísimas aportacións »

A camisa de forza do Tolo Abreu

7 de marzo do 2008 perpetrado por otraveseiro

loco-abreu.JPG

Aqueles tempos en que os futbolistas só intercambiaban camisolas nos partidos internacionais e de seleccións remataron. Agora se puxo de moda até na Liga, e está chegando esto a un punto que hai clubes que llo teñen prohibido aos seus xogadores para non quedarse sen existencias. Pois é nese momento (troco de camisola), amén de cando marcan gol, onde se ve o que levan por debaixo, e hai de todo: os que levan unha camisola reinvindicativa, os que levan o nome dos seus fillos, pais..., os da marca que o patrocina, e a maioría a clásica de tirantes ou térmica.

Máis hai un futbolista de todos e todas coñecido que leva só unha camisola por debaixo da do equipo, pero que está formada por farrapos con restos de moitas, que, cosidos, forman unha soa. O futbolista é Sebastian "El Loco" Abreu, e a de enriba é a súa particular camisa de forza, a que leva sempre por debaixo. Paso a explicarvos as cinco partes da súa composición.

1.  A parte principal, á dereita, en azul celeste, a camisola da selección de Uruguay, o seu país. Leva como non o número 13 de El Loco.

2. A parte da esquerda, a camisola azul cunha banda branca, é a da selección do departamento de Lavalleja, onde xogaba o seu pai.

3.  O escudo que está bordado na camisola uruguaia é o de Nacional de Montevideo, o equipo do que é seareiro Abreu dende neno.

4. Á esquerda, bordada a bandeira de Uruguay.

5. Abaixo, á dereita, foto de Abreu cos seus fillos, Valentina e Diego.

Pode que Abreu estea como unha puta regadeira, pero o que non se pode dicir é que a camisola non sexa orixinal e estea feita con moito sentimento. Un Abreu, por certo, que  en Europa só chegou a militar no Deportivo, pero que en Latinoamérica pasou pola tira de equipos: Nacional e Defensor (Uruguay); Tigres, San Luis, Tecos, Cruz Azul, Monterrey, Dorados e América (México); Gremio (Brasil); e San Lorenzo e River, onde xoga actualmente (Arxentina). Casi na.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | 2 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo