6 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Foi noticia hai uns meses o numeriño que montou un avogado turco por mor dunha camisola do Inter que consideraba ofensiva para o Islam, pedindo que lles quitasen os tres puntos para darllos ao seu equipo, o Fenerbahçe. Este equipo enfrontouse nos octavos da Champions ao Sevilla, que ten (tiña, xa) como camisola oficial desta competición o adefesio da foto.
Vendo os antecedentes penso que deberían evitar xogar con ela, que aínda por riba é peor que a do Inter. Porque vale que a cor non sexa exactamente vermello, pero vista así é claramente unha cruz desa cor, e máis gorda aínda que a dos italianos. Para colmo, a publicidade é dunha casa de apostas, e lembremos que o Islam prohibe o xogo e as apostas.
Pero é que ademais, se dicides os tres números rápido (8-8-8) acabas nomeando ao que se coñece popularmente como o órgano de micción e reproducción feminino, e xa sabedes como son os islamistas para estes rollos. Un modelo de camisola que dende logo non sería record de vendas nos países árabes... e dos que non son árabes (ver detalle do pescozo).
chúzame -
Arquivado en Adefesios |
1 Grandísima aportación »
5 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Non gañan para disgustos no Real Zaragoza. ¿Onde está a virxe do Pilar cando se lle necesita? Son moitas as casualidade circenses: Tiñan a dous irmáns que se apelidan Milito, un deles de nome Gaby, que foi traspasado. O presidente se chama Agapito e o director deportivo Pitufo Pardeza. Hai uns meses cesaron ao adestrador Víctor Fernández, e o seu substituto, Garitano, se pirou á semana. Remplazouno Jabo Irureta, que onte presentou a súa dimisión entre outras cousas porque a súa mensaxe non chegaba ao vestiario.
Pois para que a mensaxe chegue ao vestiario o presidente decidiu fichar como adestrador a Miliki, que para máis inri se apelida Aragón. Miliki se dirixirá "A mis niños de treinta años" para que comencen a gañar partidos porque senón van para segunda de cabeza. No vestiario sonará antes dos partidos "La gallina Irureta", en homenaxe ao anterior adestrador que os deixou tirados; "Hola Don Agapito", en referencia ao presidente; "Feliz en tu día" (o Zaragoza cumpre 75 anos); ou "Como me pica la nariz", para os seareiros máis farlopeiros.
Ademais, nos desprazamentos en autobús soará, como non, "El auto nuevo" facendo unhas pequenas variacións na letra para adapta-la aos novos tempos: "En el auto de papá nos iremos a pasear... vamos pa segunda, pi, pi, pi, en un auto feo, pero no me importa, pi, pi, pi, porque la Expo es en Zaragoza". Este tema será interpretado a coro polos xogadores no autobús a excepción de Juanfran, onde só poderá cantar o de pi, pi, pi.
chúzame -
Arquivado en Cuspidinhos, Idas de olla |
3 Grandísimas aportacións »
4 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Partido de volta das semifinais da Copa de Europa da tempada 83-94, se enfrontan a Roma e o Dundee United. Na ida gañaran os escoceses 2-0, mais a Roma foi quen de darlle a volta á eliminatoria na súa casa derrotándoos por tres tantos a cero coa afección apoiando a morte. O adestrador escocés, o mítico Jim McLean (vinte anos adestrando ao Dundee), lle recrimina aos xogadores romanos que provocaran a hostilidade dos seareiros. Rematado o encontro, os Pruzzo, Nela, Conti, Cerezo... se van a por el con moita educancia, para explicarlle con voas palabras que hai que saber perder.
O modesto Dundee se quedou ás portas da final, pero en realidade os que tomaron polo cu foron os romanistas. A final disputaríase no propio Olímpico de Roma, e perderían co Liverpool na tanda de penalties, que non debe foder nin nada. Para colmo, un ano máis tarde un tribunal de Roma abriu unha investigación por tongo nese encontro das semifinais. Polo visto o presidente da Roma e senador da República italiana, Dino Viola, mercou ao árbitro do encontro con 10 millóns de pesetas da época. Ao final, como case sempre non se chegou a nada, pero puxo en tea de xuizo unha vez máis aos clubes italianos.
Xa antes daquela eliminatoria xa foran multados en varias ocasións a Juventus, Milan e Inter por compra de partidos europeos, ademais de sancións a árbitros por aceptar agasallos sospeitosos destes clubes. Máis de vinte anos pasaron e aínda seguemos nas mesmas, a liga italiana é un puto desfase e hai pouco se dixo (coido que alguén do Liverpool) que aos clubes italianos non deberían deixarlles participar en competicións europeas por tramposos.

Por certo, volvendo á foto do principio, dous apuntes.
1. Xa se falou aquí dos problemas de vista ou deficiencia mental dos espectadores do Olímpico de Roma. Xa pasaran algunhas tempadas dende aquela e no marcador seguían a poñer que a Roma ía de giallorossi. Neste caso ao Dundee non lle poñen cor, seguramente porque aquel día xogaba de branco e estes subnormais pensaban que se non sae no arco da vella non é unha cor, así que o marcador vai en limpo.
2. Fixádevos no futbolista que asoma á dereita da foto, medio tapado por un xornalista. É idéntico a Santi Rodríguez, o actor que encarna ao Frutero na serie Siete Vidas, de Telecinco.
chúzame -
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |
1 Grandísima aportación »
3 de marzo do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Disque na maioría dos países árabes as mulleres non poden asistir a partidos de fútbol, e nunha minoría sí que poden, pero teñen que estar separados dos homes. Pois en Europa tamén as mulleres sofren discriminación á hora de ve-lo fútbol, e a proba a temos nesta imaxe.

Antes de nada, explicarvos que no Imperio Pequeno os xubilados e parados se pasan esas longas xornadas de lecer ollando obras, dando de comer ás pombiñas nos parques, e, un grupo bastante numeroso, no bar, empinando o cóbado. Mais nos países do Leste optan por coller ese magnífico, sano e, polo que se ve, utilísimo medio de transporte chamado bicicleta e acudir a ve-lo adestramento ou partido do teu equipo sen pagar un can. Porque alí non é como aquí, que as bicletas son para o verano, non, noutros lados tamén son para o inverno, para o outono e para a primavera.
Dito isto, vou a explicarvos onde este tarado ve discriminación algunha contra a muller, sobretodo aí, onde non hai nin unha soa. Efectivamente, ao que chegamos a albiscar nesa ringleira só hai homes vendo polo morro un partido de fútbol. Fixádevos agora no tipo da segunda bicicleta, no primeiro plano. É o único que non alcanza a superar o valado, ¿e por qué? Pois pola sinxela razón de que se está a apoiar nunha bici de mulleres, de esas que non teñen barra no cadro.
Se o biciclista este se subira a unha bici para homes non tería problema algún, coma os seus compañeiros, pero como leva unha para femias ten que conformarse con ve-lo fútbol de puntiñas ou a saltiños, ou preguntarlle ao do lado o que acontece. Polo tanto, queda claro que as mulleres non poden ver fútbol sen necesidade de pasar por caixa, a non ser que usen unha bici para homes, co perigo que supón para a súa integridade física.
chúzame -
Arquivado en Idas de olla, Xentes da grada |
3 Grandísimas aportacións »