O Manchester non é o Pontevedra

29 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

lftmispedos.jpg

Me entero vía A Ponte Vella da última, que non derradeira, marianada do presidente do PP, Mariano Rajoy. Se atopaba no Trofeo Conde de Godó de tenis, onde foi preguntado sobor as posibilidades do Barcelona na eliminatoria da Champions perante o Manchester. O ínclito vai e responde (en versión orixinal) que "no esh fácil porque el Manchester no esh el Pontevedra precishamente".

O tipo este menospreza claramente ao equipo da súa vila e do que presume de ser socio, só lle faltou engadir que o Barça o ten difícil porque o ambente de Old Trafford non é o de Pasarón. A todo isto sei que é socio do Pontevedra porque así o manifestou no número 11 da revista oficial do Deportivo, alá por Outubro de 2003. Lle preguntan de que equipo é, e el, nin corto nin perezoso vai e solta:

"Del Madrid, shalvo cuando puede ganar la Liga el Deportivo de La Coruña. Pero le diré másh: shoy abonado del Real Madrid, shocio del Pontevedra, accionishta del Celta e hincha del Dépor".marianosh.jpg
Este fenómeno da natureza aínda non se enterou que se es afeccionado ao fútbol só podes ser dun equipo, e logo si podes simpatizar con outro, pero o que non pode ser é de catro equipos á mesma vez... ou máis, depende de onde lle pregunten. Rajoy é capaz de, nun acto de partido en Cuenca, dicer que é do Conquense de toda a vida, que se aficionou a este equipo escoitando a José Luis Perales. Pretende ser coma El Rey de la Zarzuela y Alrededores, que no descanso do Xetafe-Bayern lle dixo a Matías Prats que ía por tódolos equipos españois salvo cando se enfrontan entre eles, que anima aos dous. O imaxino na "casa", vendo o Barça-Madrid pola tele, animando a un en cada tempo. Por favor, sexamos serios!!!

Pois iso, na foto vemos a Rajoy pousando ca camisola do Depor, que algún desgraciado tivo a ben agasallar. Por sorte só é hincha e non ten ningún papel nin documento que o relacione co noso clube, como no caso do Madrid, Celta e Pontevedra. Como podedes observar, ao cociñeiro de detrás non lle vou face-la putada de que o recoñezan por aí e se burlen del pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña mesmísima culpa.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Defecacións verbais, Odioteca | 5 Grandísimas aportacións »

Na procura do anticristo

29 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Lars von Trier, un recoñecido e polémico director de cine danés, rodará proximamente Antichrist, unha peli de terror psicolóxico que contará con tan só dous protagonistas, un home e unha muller. O espectador deberá adiviñar quen dos dous é o anticristo. Eu non teño dúbidas, non no film, que loxicamente aínda non vin, senón na vida real. O anticristo é nada máis e nada menos que o fillo de Dani Güiza e Nuria Bermúdez, nado o pasado mes de decembro.

nuria-ber.gif

¿En que baseo tamaña estupidez? Pois en que se Deus escolleu á Virxe María coma nai do seu fillo e a San Xosé coma pai, o demo tivo que escoller o peor da casa. E no mundo futboleiro a peor parella posíbel é sen dúbida a formada polo actual xogador do Mallorca e o zorrón de Nuria Ber.

- Dani Güizadani-guiza.jpg
Este sería o suposto pai do anticristo. Futbolista xerezano, con pinta de peamoano, moitas cualidades para xogar ao fútbol pero con poucas neuronas (foi o autor da célebre frase "si me pongo la camiseta de España me muero", mais non caiu esa breva) e pouco gusto, pois por algo está con quen está. Hai pouco, recibiu estas louvanzas do presidente do Xetafe, equipo no que militou até hai pouco:

"Yo le saqué de las tinieblas (frase reveladora), lo que yo y Schuster hemos tenido que aguantar no lo sabe nadie. Conducía y no tenía carné y me ha metido en más de un problema. Me he tenido que levantar en más de una ocasión a las 4 de la mañana porque sabía que se le olvidaba volver. A Schuster hay que hacerle un monumento por lo que ha aguantado".

- Nuria Bermúdez
A nai do anticristo. Fíxose famosa por saír en Crónicas Marcianas contando detalladamente as súas aventuras sexuais co famoso avogado Rodríguez Menéndez, inquilino do cárcere de Teixeiro, co ex-xenro de Rocío Jurado, etc., etc... Ten unha grande relación co mundo do fútbol por tres motivos.
nuria-bermudez.jpgO primeiro porque alardeaba de que se deitou con media plantiña do Real Madrid, incluído David Beckham, con Cristiano Ronaldo e con algún máis. O segundo porque se lle deu por saca-lo título de axente FIFA de xogadores, supoño que conseguido a base de chupar pollas pasarse todo o día estudiando e vendo fútbol.

Nunha entrevista en televisión un lle dixo que "Con este traje que llevas, te aseguro más de un 80% de éxito contratando a jugadores", ao que ela respostou "Como este, los tengo de todos los colores".
Tamén comentou que "soy agente FIFA de lunes a viernes. Los fines de semana me dedico a la música" (as mundialmente coñecidas The Spanish Girls). Pero sen dúbida a mellor perla que soltou foi "Los jugadores ponen su futuro en mis manos, y yo mi prestigio en sus pies." O terceiro loxicamente porque é a compañeira sentimental e representante dun cotizado futbolista internacional do que se di que podería fichar por un grande. Hai mentes perversas que xa se imaxinan como sería unha negociación desta señora con Txiki Begiristain ou Lendoiro.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Adefesios | 2 Grandísimas aportacións »

Luciano se luce

28 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Luciano é un nome procedente do latín, cuxo significado é "home da luz, resplandecente como a luz ou poseedor da luz". Está claro que os pais de Luciano Moggi non estiveron atinados á hora de elexi-lo nome do seu fillo, ou se cadra si, pero logo foi educado a base de hostias na cabeza, e logo pasa o que pasa.

nolepegues.jpgEste señor, exdirectivo da Juventus de Turín e levado á xustiza por un escándalo de fraude deportivo, soltou o outro día unhas cantas defecacións pola boca. A salientar:

"No fútbol non hai homosexuais. Eu non sei se os xogadores están en contra de telos nos equipos, eu por suposto que si. Eu coñezo o ambente do fútbol e o no seu interior non pode vivir un que sexa gay. Un homosexual non pode ser futbolista. O mundo do Calcio non está feito para eles. É un ambente particular, se está espido nas duchas…"

Isto me lembra coma na URSS dicían que alí non existían os asasinos en serie. Que va, para nada, de feito o carniceiro de Rostov e o outro ucraniano que non me lembro do seu alcume, non eran asasinos en serie, foi unha montaxe de occidente. En realidade os seus crimes foron cometidos por manadas de cans asilvestrados nalgúns casos, e outros foron simplemente accidentes domésticos.
Pois ao igual que os trallaos que matan a decenas de persoas por pracer son propiedade dos países capitalistas, non hai futbolistas homosexuais en Italia, e en España tampouco. É diferente o caso dos dirixentes subnormais de clubes de fútbol, que non teñen inconveniente en saír do armario e amosar con orgullo a súa estupidez mental. Serva coma exemplo o propio Moggi, Berlusconi, Laporta, Calderón...

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Defecacións verbais | 4 Grandísimas aportacións »

Tempo de cabreos

25 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Achégase o final de liga e con el o virus dos afeccionados alporizados co seu equipo. O cabreo é proporcional ca distancia que queda un equipo dos obxectivos marcados a principios de tempada. Xeralmente é así, aínda que non quere dicer que porque un equipo vaia por abaixo xa os seus seareiros vaian montar en cólera. Un equipo recien ascendido que o seu obxectivo é a permanencia e non aspira a nada máis porque ten un equipo moi maliño, se logo baixa non se deberían anoxar, non se lle poden pedir peras ao olmo. Sen embargo, se un equipo aspira a pelexar polos postos de Champions, UEFA, ou incluso por títulos, e finalmente non se conseguen, e ademais rondas a segunda división ou acabas baixando... pois xa a temos liado. Todo depende principalmente das espectativas que se teñan ao principio, da calidade dos xogadores e do orzamento do clube.

Pois como dicía ao principio, aínda quedan cinco xornadas e xa se están a ve-los primeiros síntomas do virus. En canto se vaia achegando a derradeira xornada máis se recrudece a situación, aínda que hai sitios, como en Valencia (refírome ao clube de Mestalla, ao caso Levante xa non hai por onde colle-lo) onde están de unllas todo o ano, chova, faga sol, estea Quique, Koeman, Soler, Roig, Tuzón ou quen sexa, alí van a por todas. O caso é que os A.A.S.S. (Afeccionados Alporizados Sedentos de Sangue) se deixan notar principalmente en dous escenarios.

1. Nos adestramentos.

pericos-cabreados.jpg

Este é todo un clásico, aínda que todo o ano. Grupos de afeccionados (estudantes, parados e xente que non ten nada mellor que facer) se presentan nos adestramentos con pancartas e berrando consignas contra os xogadores, corpo técnico e directiva. Serva coma exemplo o que aconteceu hai pouco nun adestramento do Espanyol, onde puxeron unha faixa uns que comparten a súa afección polo Espanyol co marabilloso mundo dos sinónimos.

2. Despois dos partidos.

cabreados.JPG

Collo coma exemplo esta foto tirada hai un par de semanas en Zaragoza trala derrota dos maños fronte ao Betis por 0-3. Os tres afeccionados sinalados con frechas son un clásico en toda manifestación de cólera postpartido, sexa cal sexa o equipo. Á esquerda temos ao típico afeccionado do outro equipo, que en vez de pirarse se queda alí para rirse das desgracias alleas. Neste caso unha afeccionada ca camisola do Betis,  gafas de sol... e sorrindo. No primeiro plano, un do Zaragoza que estará entonando os clásicos "xogadores mercenarios... os xogadores non sinten as cores..." e demais consignas polo estilo. Non se ve moi ben, pero o tipo leva unha camisola adicada o máis seguro que por algún deses mercenarios. Tampouco é de estrañar que moitos leven os nomes dos xogadores nas costas. Finalmente temos ao do fondo, que non é afeccionado e que pasaba por alí, e que se mantén fóra da primeira liña porque ás veces estas cousas rematan a hostia limpa. Ás veces é a propia policía que empeza a fostiar a todo aquel que se mova, outras os afeccionados que empezan a tirar cousas, e outras cando o futbolista insultado sae do coche e o agresor se converte en víctima, como cando ao tinerfeñista Lussenhoff lle tiraron un pedrolo no coche que se lle dá o deixa no sitio. O arxentino, en vez de repoñerse do susto, optou por sair do coche detrás do individuo para patealo.

Cando chega o derradeiro encontro da tempada e se conquire a salvación ou os obxectivos que sexan, hai invasión de campo nos sitios onde a xente son uns festeiros (Betis) e nos que son serios e coherentes lles adican unha sonora pitada (Athletic Club).

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xentes da grada | 5 Grandísimas aportacións »

As mans onde eu as vexa

24 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

meliton-herculano.JPG

Vello, calvo, gafas de sol do ano da pera, traxe azul, cara de moi mal hostia... tranquilos!, non se trata de Melitón Manzanas nin de calquer torturador da Brigada Político-Social identificándose. É o Conselleiro de Seguridade do Hércules de Alacante mostrando os tickets que se lles entregan no Estadio Rico Pérez aos afeccionados que deixen obxectos perigosos en consigna, como paraugas ou cascos de motorista, e que poderán canxear tralo partido. Pido perdón polo susto a todos aqueles elementos subversivos que se jiñaron ao ler o título e ve-la foto.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Idas de olla | 3 Grandísimas aportacións »

Cabezón de león

22 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

O outro día a miña sobriña de cinco anos díxome que a que non sabía o que era un dente de león. Como supuña que non se refería a unha peza dental dese gran felino, pedinlle que mo dixera. Polo visto trátase desa planta cuxa flor é coma unhas pelusiñas e que cando a sopras saen voando. Non tiña nin idea, agora xa o sei.

leonardo-cuellar.JPG

Iso recordoume que tiña esta foto gardada e que este é un bo momento para publica-la. Trátase dun home con cabeza de león soprando un dente de león. Ese home é nada máis e nada menos que Leonardo Cuéllar, futbolista mexicano dos anos setenta. Xa falei del neste sitio orixinado por un asunto de bigotes e pelambreiras. Daquela comentara que cando Leonardo (O León da Metro) se rapou a cachola "entre a cabeleira atoparon tres balóns que se perderan en varios partidos, unha tarxeta amarela, un par de botellíns de auga, unha luva de porteiro e un cono de adestramentos." Co paso dos anos se soubo que, aparte de todo iso, levaba tamén dous fardos de marihuana e catro cartóns de tabaco rubio americano.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Adefesios, Mundo viejuno-celebrities | Comenta, non sexas rata »

Se a envexa fose tiña…

21 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

...Pelé, aparte de impotente, sería un tiñoso. Resulta que declarou no xornal brasileiro O Estado de Sao Paulo que a Maradona deberían quitarlle os títulos que posúe por dopaxe: "Maradona foi un xogadorazo pero vexa ben: non pateaba ca dereita, non cabeceaba... non era completo. E hai outra cousa: ¿por que tantos deportistas olímpicos perden as medallas cando son sorprendidos dopados e el non?"

pele.jpg

Neste caso ben ao pelo a frase que lle adicou unha vez o recentemente retirado Romario: "Deus bendixo os pés dese cidadán, pero se esquenceu da boca. Calado, sería un poeta". Non podo estar máis dacordo con Romario, e engado que se a Maradona hai que retirarlle os títulos con el habería que face-lo mesmo, por pousar vestido de futbolista nun campo de fútbol americano valeiro, cunha moqueta por céspede, cun balón horroroso e cunha guitarra española na man (?). Propoño que, ademais, habería que cagarlle no oco da guitarra, para que aprenda a estar calado.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Defecacións verbais | 1 Grandísima aportación »

De bascos, mexicanos e brasileiros

20 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

biurrun.jpgOnte estiven a ve-lo Sevilla-Almería alternando entre a TVG e LaSexta. Nun intre ao comezo da retransmisión da Galega, o comentarista salienta que o porteiro almeriense, Diego Alves estivo 677 minutos sen encaixar ningún gol, apuntando que é o primeiro porteiro brasileiro en xogar na liga española. É interrumpido por Luis Timiraos, que ven sendo unha especie de Julio Maldonado (Maldini) á galega. Teño un coñecido, amigo del da infancia, que me dixo que na casa dos seus pais na Mariña lucense aínda conserva centos de vídeos de partidos raros, africanos e polo estilo, até debaixo das camas. Un auténtico especialista en fútbol internacional.
Como ía dicindo, Timi, que así é coñecido polos seus compañeiros, interrumpe ao comentarista para aclarar que xa houbo outro porteiro brasileiro na liga española, Biurrun, nado en Sao Paulo, alá polo ano 1959. Biurrun é un brasileiro moi peculiar, non se chama Paulo Roberto, nin Carlos Alberto, nin Joao André. Biurrun se chamaba (e se segue a chamar) José Vicente. O propio porteiro parece poñer na foto cara de estar a pensar que "miña madriña querida o que estou a ler".

Porque este porteiro, que xogou na canteira e no primeiro equipo da Real Sociedade, no Osasuna, no Athletic de Bilbao e no Espanyol... non é brasileiro, simplemente naceu alí seguramente de casualidade, fillo de emigrantes ou a saber. É coma eses compañeiros que tiña eu na escola, que naceran en Londres, Xenebra ou Frankfurt pero que eran galegos, coma min, non ingleses, nin suízos, nin alemáns.

astiazaran.jpg

Isto o sabe Luis Timiraos, pero deste xeito quixo por de manifesto o moito que controla de historia da Liga. Mais ese apunte creo que sobraba, porque se fixeramos así con todos, descubririamos que o ex-xogador José Luis Astiazarán Iriondo conta no seu haber con cinco curiosos records grazas ao su lugar de nacemento:

1. Foi o primeiro futbolista mexicano en xogar no Barakaldo.

2. Foi o primeiro futbolista mexicano en xogar no Sestao.

3. Foi o primeiro presidente mexicano que tivo a Real Sociedade de San Sebastian.

4. Foi o primeiro presidente mexicano da Real declarado persoa non grata polo seu propio clube, e non levado a xuizo pola súa xestión de puñeteira miragre.

5. Foi o primeiro mexicano que presidiu unha organización futbolística europea, neste caso a Liga de Fútbol Profesional, e gañar un pastón sendo un auténtico incompetente.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities | Comenta, non sexas rata »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo