Reciba un cordial saúdo

1 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Deborah Secco é unha actriz de culebróns bastante coñecida no Brasil, non tanto polos seus papeis, senón máis ben cando pousou hai uns anos para a revista Playboy. Podería poñer fotos dela desa sesión e de outras pero vos ides ter que foder e aturar esta, que me ten bastante chicha. Ademais, a rapaza tampouco é para tanto, para o meu gusto está bastante delgada, e, aparte diso, botei unha visual á súa filmografía e nunha telenovela interpretaba a unha vilana chamada Iris Lacerda Mendes. Un dato que pode resultar relevante.

deborah_secco.jpg

Ao que iamos, á foto. Resulta que o mozo de Deborah é Roger Flores, centrocampista que xoga actualmente no Grêmio de Porto-Alegre. Ela acode aos seus partidos, e coma se aprecia, ca camisola do equipo. Fixádevos no aceno que fai ca man dereita. Todo apunta a que algún admirador lle está a soltar un piropo e ela quere facer o saúdo que fixo famoso Ronaldinho, pero velaí o problema. Isto, aparentemente é sinxelo, pero é coma o saúdo de Star Trek, que hai xente que por máis que o intente non é capaz de face-lo.
A Deborah lle debe parecer algo parecido, e no seu intento logra o efecto contrario, dando a entender ao seu interlocutor que a súa muller/home lle está a poñe-los cornos ou directamente que o fodan. De aí a cara de sorpresa da súa acompañante no palco.

Aínda así pode que o que estea trabucado sexa eu, e iso por alí sexa un saúdo agarimoso, ou mesmo si que se trate dun asunto de cornamenta e ao que se está a dirixir non sexa un admirador, senón todo o contrario. A tanto non chego, pero aquí queda isto.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo