Son coma cachos de carne

1 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

escravos-do-balon.JPG

Non o digo eu, o di Clarence Seedorf:
"Eu teño un anaco de carne arxentina que é boísima e a queren todos, así que a vendo en Italia. Despois a exporto a España e a Inglaterra. A vendo onde me fan a mellor oferta sen ter en conta se é o sitio axeitado. [...] Manda só o diñeiro e ninguén se preocupa de se o xogador se ambientou e se integrou. Se lle deixa só ao seu destino. Esa é a mentalidade en que se basea o fútbol."

Pobriño Seedorf, que mágoa me dá. Cando só era un adolescente o obrigaron a irse da súa casa en Amsterdam, arrincándoo dos brazos da súa nai para irse a xogar á Sampdoria. En Italia ninguén se preocupou que tal estaba, e cando comezaba a integrarse... zas!, chegou o Madrid e os italianos o venderon por 800 millóns de pelas sen preguntarlle. Viaxou a España nunha caixa de madeira de 2x2 metros, con tan só uns buratos para respirar.
Ninguén diría que no Madrid foi infeliz. Mais tódalas pallasadas que facía xunto a Roberto Carlos nos adestramentos, partidos e entrevistas conxuntas eran para disimular, porque aí o trataron coma un escravo. Incluso chegou a ser sodomizado varias veces nos vestiarios. O Madrid posteriormente o traspasou ao Inter de Milán por un pastón, coma un vulgar cacho de carne (ben seguro sen pillar el un só euro de comisión), e de aí ao Milan.

ximnasio-de-tortura.JPG

O noso amigo Clarence nunca protestou, pero agora, con 32 anos, ca vida resolta e forrado de pasta até as orellas, é hora de converterse no adalid dos oprimidos futbolistas profesionais, que son obrigados a mudar de equipo pola forza, sen respeitar os seus contratos, baixo ameaza de que se non aceptan se pasarán a tempada vendo os partidos dende o palco e a televisión. Por suposto tamén corren o serio perigo de ser obrigados a adestrar por separado, afastados dos seus compañeiros, nun campo sementado de minas e acompañado nada máis que por un preparador físico sádico e déspota ou pasa-la vergoña de xogar pachangas cos leprosos do equipo B.

¿Para cando o Tribunal Internacional de La Haya penalizará aos clubes que trafiquen e escravicen aos futbolistas profesionais? Seedorf, estamos contigo!

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Defecacións verbais |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo