Unha panteira solta por Málaga

2 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Leo na edición impresa do Que! de onte que a un gandeiro malagueño lle apareceron mortos catorce porcos, e non se sabe con seguridade que os matou. A Garda Civil tomou mostras da zona e sospeita que se puido tratar dunha manada de cans asilvestrados. Isto non sería noticia se non fora porque o dono da piara asegura que o que os matou se trataba nada máis e nada menos que dunha panteira, pois segundo el, era un bicho grande, con pelo brillante negro e que saltaba moito.

Dende aquí quero colaborar co Seprona aportando unha foto dos feitos, a ver se lles serve de axuda. Nela non se ve a panteira nin os cans, pero si se aprecia no primeiro plano a tres porcos malaguistas correndo despavoridos, e xunto a eles, a moitos coellos, tamén malaguistas.

porcos.jpg

Non creo que faga falta aclarar que non teño nada en contra do Málaga CF nin dos seus afeccionados a excepción de especimens coma os da foto, pero por se acaso, o comento.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Odioteca |

3 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    La foto es la ostia. Es que hasta con los propios gestos, inmortalizados en la foto, de los subnormales estos, se podría describir su penosa y triste vida.

  2. breogain Escribiu:

    falando de porcos, non sei se os Ultra Boys se pasarian o outro dia por Vigo a ve-lo Celta-Sporting, coido que se falaba de que algún se deixaria caer, inda me lembro de cando fumos os siareiros granates a Xixón, por ali andaban todos valentes eles.

    Graciñas polo teu comentario no meu blogue e parabéns polo teu, tamén gosto do fútbol e son siareiro do Pontevedra C.F., asi que dende hoxe engadirei a túa url á lista dos meus favoritos.

    Saúdos

  3. otraveseiro Escribiu:

    De entrada, sí, os ultrabobos estiveron en Vigo, e a liaron.

    Por outra banda, hai bastante tempo que leo o teu blogue, mais por haches ou por bes, non deixei nunca comentarios até hoxe, a preguiza é o que ten.

    Saúdos.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo