Con todos vostedes… Pedro Gusanos

4 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

peter-vermes.jpg

A UE Figueres é un histórico clube catalán vido a menos pero que nos derradeiros anos da década dos oitenta e primeiros da seguinte era todo un clásico da Segunda División española. Incluso chegara a disputar fronte o Cádiz unha eliminatoria de ascenso a Primeira. As súas plantillas estaban formadas principalmente por xogadores provintes do filial do Barça, e tamén veteranos do propio Barcelona e do Espanyol, coma Moratalla, Mauri, Márquez, Gallard ou o agora Ilustrísimo Señor Director Deportivo, Don Vicente García Pitarch.

Non contaron iso si con moitos estranxeiros nese época. Algúns deles foron o irlandés Bayley, o alemán Jurgen Müller e, os máis coñecidos, os mundialistas por Uruguai e EEUU, Herrera e Tab Ramos (ianki pero orixe uruguaia) respectivamente. Mais Tab non foi a única fichaxe que viña dos Estados Unidos. Velaí está Peter Vermes (New Jersey, 21-09-66), fichado do Tampa Bay.

Loxicamente vai aquí polo seu curioso apelido, Vermes (Animal de corpo brando e alongado, formado por aneis e sen patas, que anda arrastrándose). Pero tamén podería ir coma celebridade, porque xa non hai moitos futbolistas americanos para que nos atopemos cun de pura “raza”. A min polo menos me ten pinta de ianki auténtico, con ese careto de senador republicano que se gasta.

vermes_bio_0308.jpg

Actualmente é directivo do Kansas City Wizards, está un pouco máis gordo e luce este precioso cutis rosado de tantas Budweisser que se mete entre peito e espalda. Na súa biografía salientan que foi o primeiro soccerista americano en xogar na primeira división húngara e holandesa (?) e o primeiro tamén en botarlle ketchup á butifarra, engado eu. Tamén destacan que está casado con Susan (a que lle fai pastel de carne e os sandwich de crema de cacahuete que se leva para a oficina) e é pai de dous adolescentes (Los Gusanitos). Polo visto hai un campo de soccer na súa cidade natal que leva o seu nome, e a súa casa (isto non o pon pero o digo eu) ten un garaxe cunha canastra de basquet enriba do portalón.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo