Pasar de cuartos

7 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

pasar-de-cuartos.jpgOs primeiros foron os de Operación Truño (un cagallón coma un puño) que compuxeron para o Mundial de Korea do 2002 Vivimos la selección, que podemos ver aquí nun dos seus infectos recitais. Na letra din que Nuestro equipo es campeón... de partidos amigábeis, por suposto.

Catro anos máis tarde lle correspondeu a La Banda del Capitán Canalla compoñer o himno oficioso da selección para o Mundial de Alemaña. Titulárono A por ellos oe!. Non se comeron moito o tarro, a verdade, porque iso xa se cantaba nos estadios dende os tempos de Quincoces e Puskas polo menos. Do vídeo salientar a vergoña allea que produce ver a Luís Aragonés practicando o hooliganismo.

Parecían insuperábeis, pero claro, non contabamos co incontenibel caudal de talento e creatividade do ex-futbolista Álvaro Benito e a súa banda Pignoise, os Ramones de La Moraleja compoñendo a canción para a Eurocopa. O propio cantante, falando das súas composicións, recoñece que as letras emanan tristura e que lle sae de dentro contar historias tristes. Pois ¿que hai máis triste que esta especie de Hey, ho, let’s go á española? Pasar de cuartos:

¡Todos con nuestra selección!
¡Queremos ser el campeón!
¡Hazle sentir nuestro calor,

el rojo es ya nuestro color!
¡Pasar de cuartos,
ya estamos hartos!
¡Y España, y España,
Y España es nuestra selección!

¡Y España, y España!
¡Será el campeón!
¡Y España será el campeón!

(Repetir até a extenuación)

alvaro-benito-desafinando.JPG

Coma os de OT, insisten en que queren ser campións, ignorando completamente que xa o son... de partidos amigábeis, como xa puxen antes. Na captura de arriba podemos ver a Álvaro Benito soltando gorgoritos nun karaoke xunto a dous dos seus compañeiros e amigos da alma do Madrid, Guti e Raúl (observen o pracer que sinte éste ca súa interpretación). Seguramente destes desafinamentos foi de onde se sacou o nome de Pignoise. O exfutbolista será, con case que total seguridade, o único dos tres que estará presente na Eurocopa, indirectamente, eso sí.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Espanholadas |

Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    doe á vista ler iso de “os ramones de La Moraleja”

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo