Unha celebración xeni(t)al

10 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

O xogador canadiano de pai filipino e nai xamaicana, o Gattusso negro, o can de presa, o incomparábel... "Dillei" Julien De Guzmán estivo en boca de todos hai unhas semanas por saírse cunhas declaracións nas que afirmaba que se lle marcaba ao Real Madrid se pasaba un ano sen sexo. Sería moita casualidade que mollara porque había dous anos que non o facía (marcar gol, malpensados) e a verdade é que tira bastante a porta pero non acerta nin pa dios.

O caso foi que non marcou, e tralo partido, o speaker de Riazor colleu o micro e largou que "¡parabéns ao Deportivo pola victoria e tamén a De Guzmán por non marcar gol!", ante o descojone xeral, algo que tampouco e novidade en Riazor co da megafonía. Isto xa foi hai tempo, pero esta fin de semana aconteceu algo que me fai pensar que este rapaz está algo trallado da cabeza. Refírome a De Guzmán, ao speaker xa son moitos anos aturando as súas idas de olla, xa o damos por imposíbel.

tocamentos.jpg

Resulta que o dianteiro centro Xisco marcou en Santander, e na celebración, achegouse De Guzmán e ámbolos dous se puxeron a face-lo xesto de tocarse os xenitais, un ao outro, momento que recolle a fotografía. Preguntado Xisco a que se debe tamaña celebración, contestou que "Era una celebración pendiente. Hace un par de meses que lo habíamos hablado, me lo planteó él y con el Murcia me olvidé, se me pasó, y la semana pasada me lo recordó".

Polo tanto, a idea surxiu do canadiano, mais ¿quen estará peor, Xisco ou De Guzmán? o máis normal é que Xisco, ante esa proposición indecente, o mandara a tomar polo cu, pero debeu ser nun momento de xolda ou cachondeo que lle seguiu o rollo e aceptou. Pero despois de dous meses, van, e o levan a cabo. Medo me dá pensar cal será o vindeiro paso que darán, a vindeira celebración. Permaneceremos atentos.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

2 Comentarios

  1. Miguel Escribiu:

    Que grande De Guzmán, non todos os equipos poden presumir de ter o mellor xogador canadiano do ano… Hai que agradecerlle o seu traballo e o seu crecente parecido co Hombre Cangrejo de “Me llamo Earl”. Moitas gracias polo teu comentario no meu blog!

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Gracias a ti por non censurarme, algo que por desgraza me pasa con certa frecuencia nese medio onde tes aloxado o teu blog.

    Saúdos.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo