Portada terrorífica
13 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Calqueira que vexa esta portada e non seguise ao Deportivo nos últimos anos pensará que antes da chegada de Caparrós acudían a Riazor 35.000 persoas e que tralo paso deste ían 5.000. Segundo parece foi chegar Lotina e volverse a encher o campo. Non tal. Dan a entender que con Caparrós era un suplicio ir a Riazor e sen embargo con Lotina xa cho pasas de puta nai. Tampouco é así de todo. O presidente, por exemplo, semella non ter nada que ver en que se valeirase Riazor coa súa política de fichaxes e descapitalización da plantilla nin tampouco en que fose el o que non cesou a Lotina cando o máis fácil era bota-lo. Toda a culpa antes era de Caparrós e agora de Lotina.
Eu persoalmente na etapa de Irureta aburríame como unha ostra, e cando non o facía era porque estaban no terreo de xogo os Djalminha, Tristán (antes de palmar futbolisticamente), Makaay, Fran, Naybet... que facían o que lles saía do carallo no campo, se gañaba con xogo bonito porque os xogadores o facían bonito, non porque o adestrador fose ofensivo nin moito menos.
É certo que o xogo de Caparrós deixaba moito que desexar, mais recolleu unha plantilla con tódolos vicios da etapa Irureta, e xogando coma o cu, non houbo problemas para manter a categoría, que ese era o obxectivo e non os postos de Champions. Para min no seu debe coloco que era un vendedor de fume e un cambiachaquetas. Un día dicía que eramos a rehostia e o día seguinte que co que tiña non se podía facer gran cousa. Tamén nos deixou o lastre de xogadores apadrinados por el e que pesan coma unha lousa (Aouate, Bodipo ou Taborda) e a súa manía de non saber quedarse calado e soltar pola boca todo o que se lle pasaba pola cabeza, dando carnaza á prensa "antilendoirista" (que non antideportivista).
¿A súa aposta pola canteira? Un conto chino. Facer canteira non creo que sexa convocar a un rapaz de 16 anos para face-lo paripé, nin facer xogar a canteiráns varios partidos para logo defenestra-los sen motivo aparente e sustituindoos por xogadores do primeiro equipo que non eran mellores que eles.
Voltando á portada do Deporsport. É orixinal, cecais divertida, pero baixo o meu punto de vista totalmente fóra de lugar, todo un clásico neste xornal. Porque os que a publicaron non son afeccionados, nin son xornalistas pertencentes a un medio independiente... non. Traballan para o clube, e o que poñan nese xornal ten trascendencia (en LaSexta se fixeron eco da portadiña de marras) porque o que alí pon é o que se pensa no Real Club Deportivo, e nun medio oficial entendo que non se debe alimenta-la polémica. Eu aquí podo queimarme con todo cristo porque non represento a ninguén, só a min, e non teño que dar explicacións a ninguén do que poño ou deixo de poñer, non así o Deporsport, que se paga co diñeiro do Clube e que parece que os que o dirixen fan un fanzine, en vez dun xornal que se vende a diario nos kioskos.
Pero esta xente non cavila esas cousas, e, de feito, xa me estou a imaxinar a portada de mañá luns. Sacarán unha foto de Coloccini celebrando o gol na cara de Caparrós baixo un titular tipo "JÓDETE CAPARRÓS", ou para ser máis cabrón aínda, a foto sería de Caparrós conxelado, no papel de Jack Nicholson, namentres uns aficionados fuxen nunha máquina quitaneve.
chúzame - Arquivado en Xornalistos |



abril 15th, 2008 ás 6:55 pm
estes postos a dedo polo presidente parecen esquecer quen foi o responsable de que Caparró viñese ó noso clube…
abril 17th, 2008 ás 1:30 pm
Como diría un “Alakran” que vos (Traveseiro & Juggalo) e mais eu coñecemos… non tedes nin idea do que falades, Lendoiro é o mellor presidente da historia do noso clube, e Caparrós merece esa portada e quédase curta!!!
Jajjajajajajja…
Estou de coña (…por si acaso). :p
abril 17th, 2008 ás 11:45 pm
Non me importaría que se pasase por aquí a despotricar, por min non habería problema, o malo é que dubido que superase o filtro antispam.