Dieta de Munitis
15 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Os xogadores que foron compañeiros del, así coma técnicos e médicos que o tiveron ás súas ordes aseguran que o actual xogador do Racing de Santander, Frodo Pedro Munitis é un caso único en Europa dun profesional tan recto no coidado do seu corpo e no traballo. Non lle basta con matarse nos adestramentos (e despois dos mesmos no ximnasio) que ademais leva a raxatáboa unha dieta imposta por el mesmo.
Consiste en paparse á comida gran cantidade de hidratos de carbono suprimindo as graxas, e pola noite menos hidrato e máis proteínas a base de verduras. O tipo se mete ao mediodía 180 gramos de pasta e 50 de noite (3.800 calorías ao día). ¿E como sabe o que inxiere? Sinxelo, Munitis pesa os alimentos antes de consumilos, así, ás concentracións se leva a comida da casa nos típicos tupperwares, previo pesaxe dos mesmos. Sempre o xusto, para a comida e para a cena, e no hotel llo cociñan ao seu gusto.
¿Qué obtén Munitis pasando dun dos mellores praceres da vida que é comer? Basicamente non ter nin unha soa rotura de fibras dende que é profesional e sentirse ben consigo mesmo. Parecerá unha estupidez, pero hai xente á que lle gusta ser coma Munitis (excepto altura), marcar tableta de chocolate no ventre e ter xemelgos de ferro. E moitos o conseguen, vaia se o conseguen, pero pagando un alto prezo, coma Munitis, privándose de enchentas a base de mariscadas, churrasco e demais praceres en cantidades industriais. Eu por exemplo non me privo de nada, e, sen embargo, non estou fondón, teño un corpo atlético, estou san, mido bastante máis que Munitis e, ademais, son moi ghuapo (internet, ese sitio onde é tan fácil mentir sen que che descobran).
E todo elo sen necesidade de tomar catro fideos, un xurelo á prancha e unha folla de leituga. A miña dieta consiste en beberse pola mañá cedo antes do café doble con leite e os dous Donuts, un Actimel de Danone (¿danone vai ser? da neveira) con CASEI IMUNITASS. Non te poñerás coma Munitis, pero case.
chúzame - Arquivado en Idas de olla |




abril 16th, 2008 ás 11:21 am
pois a mín todo dios por Iruña, cando vou de visita cultural alá polo mes de xullo, ó verme coa camiseta do depor chámame Munitis, porque son baixiño e teño a faciana parecida. (ata a mia muller dí que teño parecido).
o único é que eu son máis flaco e que xogando ó futebol tamén tiro máis polo flaco.
abril 17th, 2008 ás 1:21 pm
eu son como o Sr. Traveseiro, alto, corpo atlético, loiro e de ollos azules.
Teño a plusmarca mundial nos 100, 1500 e 5000 metros lisos entre outros records… (isto mola!!)
Amigo Juggalo, nótase que tomas moitos Casei Imunitas de ahí o teu parecido razonable co cantabro.