Amor de nai

16 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

capello.jpg

Leo no Sport que a nai de Fabio Capello declarou que o seu fillo "Sempre foi moi fiel. Lembro que cando eu chegaba do traballo el sempre viña correndo a darme unha aperta." Xa se sabe como son as nais, os seus fillos son os máis riquiños, intelixentes e... fieis (?). Lle faltou engadir que lle encantaban as pelis de Tarzán.

Tamén dixo que o seu fillo "é como unha mimosa". En vista de que Capello non é unha muller, e que mimosa aparte de afeccionado ás caricias tamén é aquela persoa vergonzosa ( e como se aprecia na foto de arriba, pudor, o xusto)... deducimos que co de mimosa se referirá ao "xénero de plantas exóticas, da familia das Mimosáceas, que comprende moitas especies, algunhas delas notábeis polos movementos de contracción que experimentan as súas follas cando se lle toca ou axita".

peinetacapello.jpg

Momento en que a mimosa procede a move-las follas no momento en que se lle está a axitar e tocar os collóns.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios |

3 Comentarios

  1. O Raposo Escribiu:

    Carallo, atopei hoxe este blog por casualidade e divertinme lendo algunhas das derradeiras entradas. Volverei para inspeccionar todo mais polo miúdo.
    Por certo, con Capello o Madrid creo que foi inxusto. Contratáronno para ganar algún título e eso foi o que fixo, polo tanto non o deberían haber destituído.
    Apertas.

  2. Djukica Escribiu:

    Santa Virxe do amor hermoso, non ves que vou comer en breves?? Como me pos o Capello en tanga…

    Anda que… xa me jodiches o almorzo… :s

  3. O Traveseiro Escribiu:

    -O Raposo: A min me parece normal que o botaran. Eu non o faría, pero no Madrid iso é o habitual, xa o fixeron con Heynkes tras gañar a Copa de Europa e coidado que non o repitan con Schuster. Alégrome que che guste o blog.

    -Djukica: Non é por nada, pero na foto superior dereita apreciase que o que leva posto Capello non é un tanga. Simplemente se trata, como diría un bo amigo meu, dun bañador “fardalive”.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo