Chandaleiro

17 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Despois dunha batería de preguntas tópicas e típicas sobre a Eurocopa, o Mundial, Raúl, a Federación, os clubs... chegou unha cidadá chamada Carmen e fixo a pregunta máis interesante do programa Tengo una pregunta para usted: "¿Por que sempre vai en chándal?". Luis, en vez de dicer que vai así porque lle resulta cómodo, que así non se lle notaría a suor nos sobacos da camisa, coma a Camacho, ou chámalle chis... respostou que "porque coma un profesional, hai que ir coma os xogadores, en roupa deportiva". Non estou para nada dacordo. Nun adestramento, pois si, porque estás máis ou menos facendo un esforzo físico, mais nun banquiño queda mellor que o adestrador estea vestido de traxe e garabata. Aragonés incluso ás veces ten as botas de tacos postas durante os partidos, coma se fose a saír a xogar. Lle tería que comentar ao meu xefe que, coma Luis Aragonés, ten que vir a traballar vestido cun uniforme coma o noso, o cachondeo sería maiúsculo.

aragones-e-mila.JPG

Sen embargo despois de ver esta foto da previa do programa do outro día (Lorenzo Milá, axudándoo ca garabata), me dá a sensación de que o verdadeiro motivo de que vaia de chándal é porque non se sabe vestir correctamente, nin facerse o nu da garabata. De tódolos xeitos se non hai unha norma interna que fale da uniformidade do seleccionador, el pode ir vestido como lle saia do carallo, faltaría máis.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

3 Comentarios

  1. DoKiÈh Escribiu:

    Pues puede ser cierta la razón que tú comentas, ya que Luis lo que es clase, no tiene mucha. Pero vamos, para hacer el tonto le queda mejor el chándal ;)

    Saludos.
    http://londres1863.wordpress.com

  2. breogain Escribiu:

    Pois tamén estivo ben a pregunta que lle fixeron de se Euskadi e as nacións sen estado coma nós tiñan que ter selección propia, ao que Aragonés respostou que non eran nacións e ao que lle respostaron que ollara o exemplo do País de Gales…

    Un saúdo

  3. O Traveseiro Escribiu:

    Breo, non dixen que as outras preguntas non estivesen ben, pero para o que eu fago aquí, a máis interesante foi a do chándal.

    En canto á que ti comentas… non estou del todo dacordo co que preguntou nin por suposto con Luis.

    Euskadi é unha nación, niso non teño dúbida, pero para a FIFA aparte diso, para competir oficialmente ten que ter liga propia. Gales non é independiente nin ten liga propia, pero é unha excepción que fan tanto con eles coma con todos os das illas británicas porque foron precursores dos partidos internacionais.

    Se vos fixades, noutras modalidades deportivas compite o Reino Unido, tan só en fútbol, rugby e pouco máis teñen selección propia.

    É unha putada, pero lamentabelmente éche así.

    Saúdos!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo