Porteiro descapotable
18 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Estou a ler nun foro de afeccionados deportivistas o debate sobor a posibilidade de fichar un novo porteiro para a vindeira tempada para supli-las case seguras baixas de Muhamad Alí Munúa e o seu sparring Aouate. Un compañeiro se sinte acojonao cando escoita que soa para o Depor o bético Toni Doblas, ao que inclúe na "estirpe circense dos porteiros saltaríns (e cantaríns) que se moven moito e paran pouco", e o compara co ex-porteiro do Celta, CAPÓ.
Salto da miña cadeira. "¡O mítico Capó!" Había tempo que non escoitara falar del e o tiña esquecido. Sabía que xogara no Celta, mais eu o lembro do seu paso polo Sabadell en primeira división e que formaba parte do único álbum de cromos que completei na miña puta vida, o de Panini da tempada 86-87, e que lamentablemente xa non posúo por esa manía que teñen as nais de tirar ao lixo, sen preguntar antes, cousas que para elas son iso, lixo, mais reliquias para nós.
Só me faltaba para completalo o cromo do escudo do Athletic de Bilbao, entón o rapaz que o tiña non mo trocou porque tiña sipas tódalas miñas postaliñas. Entón collín e lle ofrecín a cambio o faco con todas, e o cabrón aínda dubidou, mais houbo final feliz.
Pois aí o tedes, Joan Capó Coll, nado en Ciudadela (Menorca), en novembro de 1954 e pertencente, aparte da saga de porteiros cantantes, á de gardamallas alopécicos que ademais se deixaban o cabelo longo polo resto da cabeza, coma outros ilustres ochenteiros descapotables coma Carlos De Castro, guitarrista de Barón Rojo. Non era porteiro pero me vale coma exemplo.
chúzame - Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |




abril 19th, 2008 ás 3:45 pm
Pues la foto me recordó a Ravelli, aquel portero de la selección sueca en el 94.
En cuanto a lo de Doblas, comprendo totalmente el acojone, es lógico, canta demasiado. Aun así, creo que Doblas, si se le da confianza y minutos y se siente importante, puede llegar a ser un buen portero. Sin ir más lejos, en la temporada que el Betis ganó la Copa y se metió en Champions, lo hizo bastante bien.
Un saludo
http://londres1863.wordpress.com
abril 20th, 2008 ás 1:42 pm
Si señor, Ravelli, calvo, cantante y con nombre de pasta italiana.
Volviendo a Capó, en sus tiempos el fútbol no era tan mediático, si lo fuera, ahora a los fallos de porteros en lugar de llamarlos “cantadas” se les llamaría “capoeiras”. Menudo fenómeno el tío.
abril 23rd, 2008 ás 5:56 pm
Supoño que o coñecerás, pero déixoche unha suxerencia sobre listaxes de futboistas frikis e/ou alopécicos: renaldinhos.blogspot.com. Impagable.