De bascos, mexicanos e brasileiros

20 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

biurrun.jpgOnte estiven a ve-lo Sevilla-Almería alternando entre a TVG e LaSexta. Nun intre ao comezo da retransmisión da Galega, o comentarista salienta que o porteiro almeriense, Diego Alves estivo 677 minutos sen encaixar ningún gol, apuntando que é o primeiro porteiro brasileiro en xogar na liga española. É interrumpido por Luis Timiraos, que ven sendo unha especie de Julio Maldonado (Maldini) á galega. Teño un coñecido, amigo del da infancia, que me dixo que na casa dos seus pais na Mariña lucense aínda conserva centos de vídeos de partidos raros, africanos e polo estilo, até debaixo das camas. Un auténtico especialista en fútbol internacional.
Como ía dicindo, Timi, que así é coñecido polos seus compañeiros, interrumpe ao comentarista para aclarar que xa houbo outro porteiro brasileiro na liga española, Biurrun, nado en Sao Paulo, alá polo ano 1959. Biurrun é un brasileiro moi peculiar, non se chama Paulo Roberto, nin Carlos Alberto, nin Joao André. Biurrun se chamaba (e se segue a chamar) José Vicente. O propio porteiro parece poñer na foto cara de estar a pensar que "miña madriña querida o que estou a ler".

Porque este porteiro, que xogou na canteira e no primeiro equipo da Real Sociedade, no Osasuna, no Athletic de Bilbao e no Espanyol... non é brasileiro, simplemente naceu alí seguramente de casualidade, fillo de emigrantes ou a saber. É coma eses compañeiros que tiña eu na escola, que naceran en Londres, Xenebra ou Frankfurt pero que eran galegos, coma min, non ingleses, nin suízos, nin alemáns.

astiazaran.jpg

Isto o sabe Luis Timiraos, pero deste xeito quixo por de manifesto o moito que controla de historia da Liga. Mais ese apunte creo que sobraba, porque se fixeramos así con todos, descubririamos que o ex-xogador José Luis Astiazarán Iriondo conta no seu haber con cinco curiosos records grazas ao su lugar de nacemento:

1. Foi o primeiro futbolista mexicano en xogar no Barakaldo.

2. Foi o primeiro futbolista mexicano en xogar no Sestao.

3. Foi o primeiro presidente mexicano que tivo a Real Sociedade de San Sebastian.

4. Foi o primeiro presidente mexicano da Real declarado persoa non grata polo seu propio clube, e non levado a xuizo pola súa xestión de puñeteira miragre.

5. Foi o primeiro mexicano que presidiu unha organización futbolística europea, neste caso a Liga de Fútbol Profesional, e gañar un pastón sendo un auténtico incompetente.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo