Cabezón de león

22 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

O outro día a miña sobriña de cinco anos díxome que a que non sabía o que era un dente de león. Como supuña que non se refería a unha peza dental dese gran felino, pedinlle que mo dixera. Polo visto trátase desa planta cuxa flor é coma unhas pelusiñas e que cando a sopras saen voando. Non tiña nin idea, agora xa o sei.

leonardo-cuellar.JPG

Iso recordoume que tiña esta foto gardada e que este é un bo momento para publica-la. Trátase dun home con cabeza de león soprando un dente de león. Ese home é nada máis e nada menos que Leonardo Cuéllar, futbolista mexicano dos anos setenta. Xa falei del neste sitio orixinado por un asunto de bigotes e pelambreiras. Daquela comentara que cando Leonardo (O León da Metro) se rapou a cachola "entre a cabeleira atoparon tres balóns que se perderan en varios partidos, unha tarxeta amarela, un par de botellíns de auga, unha luva de porteiro e un cono de adestramentos." Co paso dos anos se soubo que, aparte de todo iso, levaba tamén dous fardos de marihuana e catro cartóns de tabaco rubio americano.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios, Mundo viejuno-celebrities |

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo