Tempo de cabreos

25 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Achégase o final de liga e con el o virus dos afeccionados alporizados co seu equipo. O cabreo é proporcional ca distancia que queda un equipo dos obxectivos marcados a principios de tempada. Xeralmente é así, aínda que non quere dicer que porque un equipo vaia por abaixo xa os seus seareiros vaian montar en cólera. Un equipo recien ascendido que o seu obxectivo é a permanencia e non aspira a nada máis porque ten un equipo moi maliño, se logo baixa non se deberían anoxar, non se lle poden pedir peras ao olmo. Sen embargo, se un equipo aspira a pelexar polos postos de Champions, UEFA, ou incluso por títulos, e finalmente non se conseguen, e ademais rondas a segunda división ou acabas baixando... pois xa a temos liado. Todo depende principalmente das espectativas que se teñan ao principio, da calidade dos xogadores e do orzamento do clube.

Pois como dicía ao principio, aínda quedan cinco xornadas e xa se están a ve-los primeiros síntomas do virus. En canto se vaia achegando a derradeira xornada máis se recrudece a situación, aínda que hai sitios, como en Valencia (refírome ao clube de Mestalla, ao caso Levante xa non hai por onde colle-lo) onde están de unllas todo o ano, chova, faga sol, estea Quique, Koeman, Soler, Roig, Tuzón ou quen sexa, alí van a por todas. O caso é que os A.A.S.S. (Afeccionados Alporizados Sedentos de Sangue) se deixan notar principalmente en dous escenarios.

1. Nos adestramentos.

pericos-cabreados.jpg

Este é todo un clásico, aínda que todo o ano. Grupos de afeccionados (estudantes, parados e xente que non ten nada mellor que facer) se presentan nos adestramentos con pancartas e berrando consignas contra os xogadores, corpo técnico e directiva. Serva coma exemplo o que aconteceu hai pouco nun adestramento do Espanyol, onde puxeron unha faixa uns que comparten a súa afección polo Espanyol co marabilloso mundo dos sinónimos.

2. Despois dos partidos.

cabreados.JPG

Collo coma exemplo esta foto tirada hai un par de semanas en Zaragoza trala derrota dos maños fronte ao Betis por 0-3. Os tres afeccionados sinalados con frechas son un clásico en toda manifestación de cólera postpartido, sexa cal sexa o equipo. Á esquerda temos ao típico afeccionado do outro equipo, que en vez de pirarse se queda alí para rirse das desgracias alleas. Neste caso unha afeccionada ca camisola do Betis,  gafas de sol... e sorrindo. No primeiro plano, un do Zaragoza que estará entonando os clásicos "xogadores mercenarios... os xogadores non sinten as cores..." e demais consignas polo estilo. Non se ve moi ben, pero o tipo leva unha camisola adicada o máis seguro que por algún deses mercenarios. Tampouco é de estrañar que moitos leven os nomes dos xogadores nas costas. Finalmente temos ao do fondo, que non é afeccionado e que pasaba por alí, e que se mantén fóra da primeira liña porque ás veces estas cousas rematan a hostia limpa. Ás veces é a propia policía que empeza a fostiar a todo aquel que se mova, outras os afeccionados que empezan a tirar cousas, e outras cando o futbolista insultado sae do coche e o agresor se converte en víctima, como cando ao tinerfeñista Lussenhoff lle tiraron un pedrolo no coche que se lle dá o deixa no sitio. O arxentino, en vez de repoñerse do susto, optou por sair do coche detrás do individuo para patealo.

Cando chega o derradeiro encontro da tempada e se conquire a salvación ou os obxectivos que sexan, hai invasión de campo nos sitios onde a xente son uns festeiros (Betis) e nos que son serios e coherentes lles adican unha sonora pitada (Athletic Club).

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada |

5 Comentarios

  1. Sergio Cortina Escribiu:

    Me flipa la foto de abajo, salvo dos otres el resto de cachondeo. Fijo que eran aficionados mercenarios, jaja

  2. breogain Escribiu:

    A ver se os siareiros granates non temos tamén que facer unha “posta en escena” destas cando remate a fase de ascenso de este verán, polo de agora a cousa vai ben e supoño que este domingo acadaremo-la clasificación para xogala.

    Un saúdo

  3. Un barco y muchos capitanes: todos hundidos « La Doble Visera Escribiu:

    [...] ahí cuando se avivaron los nervios y la desilusión se adueñó de la ciudad aragonesa. Victor Fernández no convencía y ya se [...]

  4. Miguel Escribiu:

    Moi bo!! O máis gracioso dos de Zaragoza é que despois da bronca, van ao campo do Espanyol, empatan e se quedan mási afundidos en descenso, e os 2.000 que foron a Barcelona os aplaudiron como se gañasen a Recopa outra vez. Non entendo nada.

  5. breogain Escribiu:

    e falando de cabreos de afeccionados…

    http://apontevella.com/archives/448

    por Pontevedra tamén estamos máis que mosqueados con este home

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo