Na procura do anticristo
29 de Abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Lars von Trier, un recoñecido e polémico director de cine danés, rodará proximamente Antichrist, unha peli de terror psicolóxico que contará con tan só dous protagonistas, un home e unha muller. O espectador deberá adiviñar quen dos dous é o anticristo. Eu non teño dúbidas, non no film, que loxicamente aínda non vin, senón na vida real. O anticristo é nada máis e nada menos que o fillo de Dani Güiza e Nuria Bermúdez, nado o pasado mes de decembro.
¿En que baseo tamaña estupidez? Pois en que se Deus escolleu á Virxe María coma nai do seu fillo e a San Xosé coma pai, o demo tivo que escoller o peor da casa. E no mundo futboleiro a peor parella posíbel é sen dúbida a formada polo actual xogador do Mallorca e o zorrón de Nuria Ber.
- Dani Güiza
Este sería o suposto pai do anticristo. Futbolista xerezano, con pinta de peamoano, moitas cualidades para xogar ao fútbol pero con poucas neuronas (foi o autor da célebre frase "si me pongo la camiseta de España me muero", mais non caiu esa breva) e pouco gusto, pois por algo está con quen está. Hai pouco, recibiu estas louvanzas do presidente do Xetafe, equipo no que militou até hai pouco:
"Yo le saqué de las tinieblas (frase reveladora), lo que yo y Schuster hemos tenido que aguantar no lo sabe nadie. Conducía y no tenía carné y me ha metido en más de un problema. Me he tenido que levantar en más de una ocasión a las 4 de la mañana porque sabía que se le olvidaba volver. A Schuster hay que hacerle un monumento por lo que ha aguantado".
- Nuria Bermúdez
A nai do anticristo. Fíxose famosa por saír en Crónicas Marcianas contando detalladamente as súas aventuras sexuais co famoso avogado Rodríguez Menéndez, inquilino do cárcere de Teixeiro, co ex-xenro de Rocío Jurado, etc., etc... Ten unha grande relación co mundo do fútbol por tres motivos.
O primeiro porque alardeaba de que se deitou con media plantiña do Real Madrid, incluído David Beckham, con Cristiano Ronaldo e con algún máis. O segundo porque se lle deu por saca-lo título de axente FIFA de xogadores, supoño que conseguido a base de chupar pollas pasarse todo o día estudiando e vendo fútbol.
Nunha entrevista en televisión un lle dixo que "Con este traje que llevas, te aseguro más de un 80% de éxito contratando a jugadores", ao que ela respostou "Como este, los tengo de todos los colores".
Tamén comentou que "soy agente FIFA de lunes a viernes. Los fines de semana me dedico a la música" (as mundialmente coñecidas The Spanish Girls). Pero sen dúbida a mellor perla que soltou foi "Los jugadores ponen su futuro en mis manos, y yo mi prestigio en sus pies." O terceiro loxicamente porque é a compañeira sentimental e representante dun cotizado futbolista internacional do que se di que podería fichar por un grande. Hai mentes perversas que xa se imaxinan como sería unha negociación desta señora con Txiki Begiristain ou Lendoiro.
chuzame - Arquivado en Adefesios |




Abril 29th, 2008 ás 4:20 pm
Me levanto cada mañana solo porque existan gentuza anómala como esta jajaja
Maio 2nd, 2008 ás 11:03 am
jaja eu son unha de esas mentes perversas que imaxina a Nuria Ber negociando con Lendoiro ou TXIKI beguiristain… “los futbolistas ponen mi futuro en sus manos, y yo me pongo a sus pies”…
Bufff… escalofriante… mamá teño medo…
Pd: Imaxinades a Güiza no Depor, xa non falo polos goles que marcaría, senon polo concurrido que estaría o Orzán grazas a él… & Cia!! :)!!!!!!