O Manchester non é o Pontevedra

29 de Abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

lftmispedos.jpg

Me entero vía A Ponte Vella da última, que non derradeira, marianada do presidente do PP, Mariano Rajoy. Se atopaba no Trofeo Conde de Godó de tenis, onde foi preguntado sobor as posibilidades do Barcelona na eliminatoria da Champions perante o Manchester. O ínclito vai e responde (en versión orixinal) que "no esh fácil porque el Manchester no esh el Pontevedra precishamente".

O tipo este menospreza claramente ao equipo da súa vila e do que presume de ser socio, só lle faltou engadir que o Barça o ten difícil porque o ambente de Old Trafford non é o de Pasarón. A todo isto sei que é socio do Pontevedra porque así o manifestou no número 11 da revista oficial do Deportivo, alá por Outubro de 2003. Lle preguntan de que equipo é, e el, nin corto nin perezoso vai e solta:

"Del Madrid, shalvo cuando puede ganar la Liga el Deportivo de La Coruña. Pero le diré másh: shoy abonado del Real Madrid, shocio del Pontevedra, accionishta del Celta e hincha del Dépor".marianosh.jpg
Este fenómeno da natureza aínda non se enterou que se es afeccionado ao fútbol só podes ser dun equipo, e logo si podes simpatizar con outro, pero o que non pode ser é de catro equipos á mesma vez... ou máis, depende de onde lle pregunten. Rajoy é capaz de, nun acto de partido en Cuenca, dicer que é do Conquense de toda a vida, que se aficionou a este equipo escoitando a José Luis Perales. Pretende ser coma El Rey de la Zarzuela y Alrededores, que no descanso do Xetafe-Bayern lle dixo a Matías Prats que ía por tódolos equipos españois salvo cando se enfrontan entre eles, que anima aos dous. O imaxino na "casa", vendo o Barça-Madrid pola tele, animando a un en cada tempo. Por favor, sexamos serios!!!

Pois iso, na foto vemos a Rajoy pousando ca camisola do Depor, que algún desgraciado tivo a ben agasallar. Por sorte só é hincha e non ten ningún papel nin documento que o relacione co noso clube, como no caso do Madrid, Celta e Pontevedra. Como podedes observar, ao cociñeiro de detrás non lle vou face-la putada de que o recoñezan por aí e se burlen del pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña mesmísima culpa.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Defecacións verbais, Odioteca |

5 Comentarios

  1. breogain Escribiu:

    lamentable o de este home, semella que somentes abre a boca para dicir burradas, có ben que estaria caladiño, se o meten nun “fregao” como o de falar do partido do F.C. Barcelona sendo madridista como é, ou mellor calar ou sair pola tanxente, pero non pór como exemplo de equipo mediocre ao da súa cidade, vamos, tendo por suposto que este homiño teña algún aprecio a Pontevedra, que visto o visto dubídoo moito.

    Un saúdo futboleiro… :)

  2. juggalo Escribiu:

    me va a permitir el señor administrador que me cague -en español- en su puta madre (aclaración muy importante: en la de Rajoy)

  3. otraveseiro Escribiu:

    A usted y al resto de los habituales (hay que cuidaros) les permito que se caguen en las madres de quienes deseen, ya sea en español, castellano, castelán o murciano… éche ighual.

    Y a los no habituales lo mismo.

  4. Djukica Escribiu:

    Teño unha dúbida Sr. Administrador… ¿porque te tapas os ollos na foto? Co orgulloso que estabas de saludar a Rajoy ese día, e agora saes con que era un cociñeiro do Praia…

    jajajjaj…

    Xa en serio, non me sorprende o de que infravalorase “o seu” Pontevedra, senon houbese lembrado o de “hai que roelo” en vez de dicir tremenda xilipollez…

    Pd: Yo no me voy a cagar en la madre de nadie que no llega el papel higiénico para todos sino… jajaj ;)

  5. breogain Escribiu:

    o pior de todo é que este paiaso é un dos artífices de que a nosa equipa inda estexa viva, foi el quén cós sues “enchufes” na administración conseguiu o famoso “quita y espera” polo tema da débeda coa facenda e todo iso, Rajoy ademais de socio de “puro y copa” é (estou case por aseguralo) accionista do clube.

    Un saúdo para todos dun socio granate e por ende afeccionado ao fútbol :)

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo