Porteiro descapotable

18 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Estou a ler nun foro de afeccionados deportivistas o debate sobor a posibilidade de fichar un novo porteiro para a vindeira tempada para supli-las case seguras baixas de Muhamad Alí Munúa e o seu sparring Aouate. Un compañeiro se sinte acojonao cando escoita que soa para o Depor o bético Toni Doblas, ao que inclúe na "estirpe circense dos porteiros saltaríns (e cantaríns) que se moven moito e paran pouco", e o compara co ex-porteiro do Celta, CAPÓ.

capo.jpg

Salto da miña cadeira. "¡O mítico Capó!" Había tempo que non escoitara falar del e o tiña esquecido. Sabía que xogara no Celta, mais eu o lembro do seu paso polo Sabadell en primeira división e que formaba parte do único álbum de cromos que completei na miña puta vida, o de Panini da tempada 86-87, e que lamentablemente xa non posúo por esa manía que teñen as nais de tirar ao lixo, sen preguntar antes, cousas que para elas son iso, lixo, mais reliquias para nós.

Só me faltaba para completalo o cromo do escudo do Athletic de Bilbao, entón o rapaz que o tiña non mo trocou porque tiña sipas tódalas miñas postaliñas. Entón collín e lle ofrecín a cambio o faco con todas, e o cabrón aínda dubidou, mais houbo final feliz.

Pois aí o tedes, Joan Capó Coll, nado en Ciudadela (Menorca), en novembro de 1954 e pertencente, aparte da saga de porteiros cantantes, á de gardamallas alopécicos que ademais se deixaban o cabelo longo polo resto da cabeza, coma outros ilustres ochenteiros descapotables coma Carlos De Castro, guitarrista de Barón Rojo. Non era porteiro pero me vale coma exemplo.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities | 3 Grandísimas aportacións »

Chandaleiro

17 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Despois dunha batería de preguntas tópicas e típicas sobre a Eurocopa, o Mundial, Raúl, a Federación, os clubs... chegou unha cidadá chamada Carmen e fixo a pregunta máis interesante do programa Tengo una pregunta para usted: "¿Por que sempre vai en chándal?". Luis, en vez de dicer que vai así porque lle resulta cómodo, que así non se lle notaría a suor nos sobacos da camisa, coma a Camacho, ou chámalle chis... respostou que "porque coma un profesional, hai que ir coma os xogadores, en roupa deportiva". Non estou para nada dacordo. Nun adestramento, pois si, porque estás máis ou menos facendo un esforzo físico, mais nun banquiño queda mellor que o adestrador estea vestido de traxe e garabata. Aragonés incluso ás veces ten as botas de tacos postas durante os partidos, coma se fose a saír a xogar. Lle tería que comentar ao meu xefe que, coma Luis Aragonés, ten que vir a traballar vestido cun uniforme coma o noso, o cachondeo sería maiúsculo.

aragones-e-mila.JPG

Sen embargo despois de ver esta foto da previa do programa do outro día (Lorenzo Milá, axudándoo ca garabata), me dá a sensación de que o verdadeiro motivo de que vaia de chándal é porque non se sabe vestir correctamente, nin facerse o nu da garabata. De tódolos xeitos se non hai unha norma interna que fale da uniformidade do seleccionador, el pode ir vestido como lle saia do carallo, faltaría máis.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Amor de nai

16 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

capello.jpg

Leo no Sport que a nai de Fabio Capello declarou que o seu fillo "Sempre foi moi fiel. Lembro que cando eu chegaba do traballo el sempre viña correndo a darme unha aperta." Xa se sabe como son as nais, os seus fillos son os máis riquiños, intelixentes e... fieis (?). Lle faltou engadir que lle encantaban as pelis de Tarzán.

Tamén dixo que o seu fillo "é como unha mimosa". En vista de que Capello non é unha muller, e que mimosa aparte de afeccionado ás caricias tamén é aquela persoa vergonzosa ( e como se aprecia na foto de arriba, pudor, o xusto)... deducimos que co de mimosa se referirá ao "xénero de plantas exóticas, da familia das Mimosáceas, que comprende moitas especies, algunhas delas notábeis polos movementos de contracción que experimentan as súas follas cando se lle toca ou axita".

peinetacapello.jpg

Momento en que a mimosa procede a move-las follas no momento en que se lle está a axitar e tocar os collóns.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios | 3 Grandísimas aportacións »

Dieta de Munitis

15 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Os xogadores que foron compañeiros del, así coma técnicos e médicos que o tiveron ás súas ordes aseguran que o actual xogador do Racing de Santander, Frodo Pedro Munitis é un caso único en Europa dun profesional tan recto no coidado do seu corpo e no traballo. Non lle basta con matarse nos adestramentos (e despois dos mesmos no ximnasio) que ademais leva a raxatáboa unha dieta imposta por el mesmo.

Consiste en paparse á comida gran cantidade de hidratos de carbono suprimindo as graxas, e pola noite menos hidrato e máis proteínas a base de verduras. O tipo se mete ao mediodía 180 gramos de pasta e 50 de noite (3.800 calorías ao día). ¿E como sabe o que inxiere? Sinxelo, Munitis pesa os alimentos antes de consumilos, así, ás concentracións se leva a comida da casa nos típicos tupperwares, previo pesaxe dos mesmos. Sempre o xusto, para a comida e para a cena, e no hotel llo cociñan ao seu gusto.

¿Qué obtén Munitis pasando dun dos mellores praceres da vida que é comer? Basicamente non ter nin unha soa rotura de fibras dende que é profesional e sentirse ben consigo mesmo. Parecerá unha estupidez, pero hai xente á que lle gusta ser coma Munitis (excepto altura), marcar tableta de chocolate no ventre e ter xemelgos de ferro. E moitos o conseguen, vaia se o conseguen, pero pagando un alto prezo, coma Munitis, privándose de enchentas a base de mariscadas, churrasco e demais praceres en cantidades industriais. Eu por exemplo non me privo de nada, e, sen embargo, non estou fondón, teño un corpo atlético, estou san, mido bastante máis que Munitis e, ademais, son moi ghuapo (internet, ese sitio onde é tan fácil mentir sen que che descobran).

case-munitis.jpg

E todo elo sen necesidade de tomar catro fideos, un xurelo á prancha e unha folla de leituga. A miña dieta consiste en beberse pola mañá cedo antes do café doble con leite e os dous Donuts, un Actimel de Danone (¿danone vai ser? da neveira) con CASEI IMUNITASS. Non te poñerás coma Munitis, pero case.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Idas de olla | 2 Grandísimas aportacións »

Teño unha pregunta para vostede

15 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hoxe estará no programa de TVE o seleccionador español, Luis Aragonés. Unha edición diferente ás demais porque nas anteriores os protagonistas eran políticos que estaban en contacto co público. Neste caso, o máis probábel é que Luís Aragonés estea metido nunha mampara de cristal para protexer aos cidadáns da súa agresividade.

aragones-cabreado.JPGPolo visto os cidadáns que lle fagan as preguntas foron seleccionados coma afeccionados ao fútbol, algo importante, porque logo pasa como esas enquisas futboleiras que fan pola rúa a persoas que non teñen nin idea do tema e, sen embargo, contestan igualmente.

Serva como exemplo aquela vez que na Coruña había un debate sobre quen debía ser o capitán do Deportivo trala retirada de Fran e Mauro Silva, e (non sei se en Telecoruña ou Localia) preguntaban aos viandantes a quen poñerían eles o brazalete. Nunha destas, unha señora respostou que A MORIENTES! Isto debería servir para que antes de facer a pregunta en si, aclararlles á xente que a enquisa é de fútbol, e si non saben, pois que sigan andando e non nos fagan perde-lo tempo.

Supoño que a maioría das cuestións xirarán en torno á Eurocopa e de seguro que algunha sobre Raúl caerá. Por iso quero deixar dez preguntas alternativas que se lle deberían facer para deixa-lo descolocado ou, cando menos, poñe-lo de mala hostia. Polo de pronto esta semana pasada deixou prantados a uns universitarios madrileños aos que ía dar unha conferencia, algo que denota que non está cómodo nestas situacións.

luis-aragones.JPG

Velaí van: Señor Aragonés...

1. ¿Sabe vostede canto custa un vaso de viño clarete?
2. ¿Por qué cando fala de vostede mesmo o fai en terceira persoa?
3. ¿Se considera vostede o español máis cabreado do mundo trala morte de Fernando Fernán Gómez e Paco Umbral?
4. ¿Que clase de pegamento usa para suxeita-la dentadura postiza?
5. ¿Como leva o de apelidarse Aragonés e non adestrar nunca ao Zaragoza?
6. ¿Comparte afeccións cos Porretas se temos en conta que tanto vostede como eles son de Hortaleza?
7. ¿Como é a súa hixiene diaria, se é que a fai?
8. ¿Nos podería explicar sen facer xestos a diferencia entre unha peineta en un corte de mangas?
9. ¿Lle suministra a súa filla farmacéutica as substancias psicotrópicas ou ten de man a Eufemiano Fuentes?
10. ¿Carne ou peixe?

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Actualidade | 5 Grandísimas aportacións »

Portada terrorífica

13 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

deporsport130408.JPG

Calqueira que vexa esta portada e non seguise ao Deportivo nos últimos anos pensará que antes da chegada de Caparrós acudían a Riazor 35.000 persoas e que tralo paso deste ían 5.000. Segundo parece foi chegar Lotina e volverse a encher o campo. Non tal. Dan a entender que con Caparrós era un suplicio ir a Riazor e sen embargo con Lotina xa cho pasas de puta nai. Tampouco é así de todo. O presidente, por exemplo, semella non ter nada que ver en que se valeirase Riazor coa súa política de fichaxes e descapitalización da plantilla nin tampouco en que fose el o que non cesou a Lotina cando o máis fácil era bota-lo. Toda a culpa antes era de Caparrós e agora de Lotina.

Eu persoalmente na etapa de Irureta aburríame como unha ostra, e cando non o facía era porque estaban no terreo de xogo os Djalminha, Tristán (antes de palmar futbolisticamente), Makaay, Fran, Naybet... que facían o que lles saía do carallo no campo, se gañaba con xogo bonito porque os xogadores o facían bonito, non porque o adestrador fose ofensivo nin moito menos.

É certo que o xogo de Caparrós deixaba moito que desexar, mais recolleu unha plantilla con tódolos vicios da etapa Irureta, e xogando coma o cu, non houbo problemas para manter a categoría, que ese era o obxectivo e non os postos de Champions. Para min no seu debe coloco que era un vendedor de fume e un cambiachaquetas. Un día dicía que eramos a rehostia e o día seguinte que co que tiña non se podía facer gran cousa. Tamén nos deixou o lastre de xogadores apadrinados por el e que pesan coma unha lousa (Aouate, Bodipo ou Taborda) e a súa manía de non saber quedarse calado e soltar pola boca todo o que se lle pasaba pola cabeza, dando carnaza á prensa "antilendoirista" (que non antideportivista).

recortephp.jpg¿A súa aposta pola canteira? Un conto chino. Facer canteira non creo que sexa convocar a un rapaz de 16 anos para face-lo paripé, nin facer xogar a canteiráns varios partidos para logo defenestra-los sen motivo aparente e sustituindoos por xogadores do primeiro equipo que non eran mellores que eles.

Voltando á portada do Deporsport. É orixinal, cecais divertida, pero baixo o meu punto de vista totalmente fóra de lugar, todo un clásico neste xornal. Porque os que a publicaron non son afeccionados, nin son xornalistas pertencentes a un medio independiente... non. Traballan para o clube, e o que poñan nese xornal ten trascendencia (en LaSexta se fixeron eco da portadiña de marras) porque o que alí pon é o que se pensa no Real Club Deportivo, e nun medio oficial entendo que non se debe alimenta-la polémica. Eu aquí podo queimarme con todo cristo porque non represento a ninguén, só a min, e non teño que dar explicacións a ninguén do que poño ou deixo de poñer, non así o Deporsport, que se paga co diñeiro do Clube e que parece que os que o dirixen fan un fanzine, en vez dun xornal que se vende a diario nos kioskos.

Pero esta xente non cavila esas cousas, e, de feito, xa me estou a imaxinar a portada de mañá luns. Sacarán unha foto de Coloccini celebrando o gol na cara de Caparrós baixo un titular tipo "JÓDETE CAPARRÓS", ou para ser máis cabrón aínda, a foto sería de Caparrós conxelado, no papel de Jack Nicholson, namentres uns aficionados fuxen nunha máquina quitaneve.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xornalistos | 3 Grandísimas aportacións »

Xuventude, divino tesouro

12 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

ultra-precoz.JPG

A falta de inspiración para escreber algo medianamente interesante fai que de cando en vez teña que botar man de fotos coma esta para manter actualizado o blogue. Ese aprendiz de ultra é un neno, non se trata do Señor Galindo, a pesares do enorme parecido.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada | 2 Grandísimas aportacións »

Contaminación acústica

10 de abril do 2008 perpetrado por otraveseiro

Supoño que moitos vos decatariades cando retransmiten un partido ou resumo do Real Madrid que de fondo se escoita un ruído que parece que estás metido nun atasco en vez dun campo de fútbol. Non é o único estadio, pero dende logo no Bernabeu é onde máis xente acode a ve-lo seu equipo cunha puta e noxenta bocina.

bocina.JPG

Con ese cacharro máis que dar folgos ao teu equipo o que consegues é levantar dor de cabeza e poñer de mala hostia á xente, atentando contra a saúde pública. Se por min fora estarían terminantemente prohibidas (¿onde está o comité antiviolencia cando se lles necesita?). Pois polo visto hai xente que, aparte de fabrica-las, non ten mellor cousa que facer que mellora-las aumentando a súa potencia.

É o caso do español Roberto Riber Arzabala, que acudiu a Suiza á 36ª edición do Salón Internacional de Inventos de Xenebra para presentar esta superbocina que é capaz de chegar aos 108 decibelios (seguro que premiada na categoría de Inventos Inútiles para Paletos). Este señor podería seguir a tradición dos grandes inventos españois, que consistían en introducir un pao en algo (futbolín, fregona, chupachups...), podendo colle-la bocina e mete-la polo cu, e a continuación, face-la soar a base de peidos. Pero eso si, fagan o favor de facer todo elo fóra dos campos de fútbol.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Espanholadas | 3 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores Entradas Posteriores »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo