10 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O xogador canadiano de pai filipino e nai xamaicana, o Gattusso negro, o can de presa, o incomparábel... "Dillei" Julien De Guzmán estivo en boca de todos hai unhas semanas por saírse cunhas declaracións nas que afirmaba que se lle marcaba ao Real Madrid se pasaba un ano sen sexo. Sería moita casualidade que mollara porque había dous anos que non o facía (marcar gol, malpensados) e a verdade é que tira bastante a porta pero non acerta nin pa dios.
O caso foi que non marcou, e tralo partido, o speaker de Riazor colleu o micro e largou que "¡parabéns ao Deportivo pola victoria e tamén a De Guzmán por non marcar gol!", ante o descojone xeral, algo que tampouco e novidade en Riazor co da megafonía. Isto xa foi hai tempo, pero esta fin de semana aconteceu algo que me fai pensar que este rapaz está algo trallado da cabeza. Refírome a De Guzmán, ao speaker xa son moitos anos aturando as súas idas de olla, xa o damos por imposíbel.

Resulta que o dianteiro centro Xisco marcou en Santander, e na celebración, achegouse De Guzmán e ámbolos dous se puxeron a face-lo xesto de tocarse os xenitais, un ao outro, momento que recolle a fotografía. Preguntado Xisco a que se debe tamaña celebración, contestou que "Era una celebración pendiente. Hace un par de meses que lo habíamos hablado, me lo planteó él y con el Murcia me olvidé, se me pasó, y la semana pasada me lo recordó".
Polo tanto, a idea surxiu do canadiano, mais ¿quen estará peor, Xisco ou De Guzmán? o máis normal é que Xisco, ante esa proposición indecente, o mandara a tomar polo cu, pero debeu ser nun momento de xolda ou cachondeo que lle seguiu o rollo e aceptou. Pero despois de dous meses, van, e o levan a cabo. Medo me dá pensar cal será o vindeiro paso que darán, a vindeira celebración. Permaneceremos atentos.
chúzame -
Arquivado en Chámalle X |
2 Grandísimas aportacións »
9 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Ler en Vivir en prórroga un artigo sobre a esencia do fútbol antigo, (cos xogadores cheos de barro e con vendas nas fontes), me lembra que tiña que escreber sobre unha nova modalidade de fútbol que está a ter bastante éxito alén das nosas fronteiras, o swamp soccer. Se trata dun fútbol para guarros, pero ollo, non me refiro a guarros tipo Javi Navarro, Pablo Alfaro, Ayala, Pablo García... senón para guarros no sentido estricto da palabra, é dicer, os que se enchen de barro até as orellas namentres se baten o cobre nunha ciénaga que fai á súa vez de campo de xogo.
Hai pouco se disputou en Dunoon (Escocia) a segunda edición do mundial desta especialidade, na que participaron 260 equipos chegados de tódalas partes do mundo, incluído do Brasil. Mais non acudiu ninguén de España, algo incomprensíbel se temos en conta que hai mimbres de sobra para formar bos equipos, sobretodo se temos en conta que xa hai adestradores profesionais da materia, coma Joaquín Caparrós (Jokin Kaparrotz) ou Javi Clemente.
chúzame -
Arquivado en Chámalle X |
2 Grandísimas aportacións »
8 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Ese é o mítico lema da Compañía de Tranvias de A Coruña. Porque estes días coméntase por aquí a necesidade de mudar ou, cando menos, actualiza-las normas de funcionamento dos buses urbanos. As multas nin sequera están en euros, aínda en pesetas. Así, por exemplo, premer no timbre por amolar estaría sancionado con 10.000 pelas; se lle falas ao conductor te caen 5.000 de multa, e o propio conductor está obrigado a prestarche atención, pero che pode expulsar do autobús por falarlle, e se non o fai a el mesmo a empresa o sancionaría con 10.000 pesetas (?). Esa mesma cantidade terá que embolsar, supostamente, o viaxeiro que vaia borracho, cheire mal ou leve paquetes que tiren para atrás do mal cheiro, o dobre do que se suba no bus sen pagar. E digo supostamente porque eu, usuario habitual dos urbanos, comprobo como tódolos días se incumpren todas esas normas e aquí ninguén paga multa ningunha.
Outra curiosidade é o que atinxe á ordenanza das prazas do bus. Di que cada viaxeiro computa a razón de 60 kg. de peso (?), e 10 cm. cadrados de persoa que vai a pé. Se admitirán 5 persoas de pé por cada unha que vaia sentada.

Toda esta chapa a solto a santo desta foto tirada na Arxentina. Se aquí se incumpre totalmente a normativa de funcionamento nos urbanos, en Arxentina, sexa cal sexa a norma, os días en que xoga Boca en La Bombonera, sinxelamente, se a pasan polo escroto.
Como se aprecia na imaxe, os viaxeiros van completamente hacinados no autobús, tocando de seguro a 20 persoas de pé por cada unha sentada. O cheiro a compañerismo (sobaco) debe ser cósmico; ao conductor non se lle fala, simplemente se lle canta na orella, se lle tapa o seu campo de visión da calzada ou se lle bota fume nos ollos. Eso se non prescindiron xa dos seus servizos (o tiraron para abaixo despois de quedarse ca recaudación) e o que conduce o bus e un usuario.
Me chama tamén a atención o carteliño da parte superior esquerda. Polo que se ve, teñen un espazo reservado para minusválidos, e digo eu... ¿onde carallo estará esa praza reservada? ¿Fóra do autobús, atado cunha corda tipo remolque?
chúzame -
Arquivado en Chámalle X |
Comenta, non sexas rata »
7 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Os primeiros foron os de Operación Truño (un cagallón coma un puño) que compuxeron para o Mundial de Korea do 2002 Vivimos la selección, que podemos ver aquí nun dos seus infectos recitais. Na letra din que Nuestro equipo es campeón... de partidos amigábeis, por suposto.
Catro anos máis tarde lle correspondeu a La Banda del Capitán Canalla compoñer o himno oficioso da selección para o Mundial de Alemaña. Titulárono A por ellos oe!. Non se comeron moito o tarro, a verdade, porque iso xa se cantaba nos estadios dende os tempos de Quincoces e Puskas polo menos. Do vídeo salientar a vergoña allea que produce ver a Luís Aragonés practicando o hooliganismo.
Parecían insuperábeis, pero claro, non contabamos co incontenibel caudal de talento e creatividade do ex-futbolista Álvaro Benito e a súa banda Pignoise, os Ramones de La Moraleja compoñendo a canción para a Eurocopa. O propio cantante, falando das súas composicións, recoñece que as letras emanan tristura e que lle sae de dentro contar historias tristes. Pois ¿que hai máis triste que esta especie de Hey, ho, let’s go á española? Pasar de cuartos:
¡Todos con nuestra selección!
¡Queremos ser el campeón!
¡Hazle sentir nuestro calor,
el rojo es ya nuestro color!
¡Pasar de cuartos,
ya estamos hartos!
¡Y España, y España,
Y España es nuestra selección!
¡Y España, y España!
¡Será el campeón!
¡Y España será el campeón!
(Repetir até a extenuación)

Coma os de OT, insisten en que queren ser campións, ignorando completamente que xa o son... de partidos amigábeis, como xa puxen antes. Na captura de arriba podemos ver a Álvaro Benito soltando gorgoritos nun karaoke xunto a dous dos seus compañeiros e amigos da alma do Madrid, Guti e Raúl (observen o pracer que sinte éste ca súa interpretación). Seguramente destes desafinamentos foi de onde se sacou o nome de Pignoise. O exfutbolista será, con case que total seguridade, o único dos tres que estará presente na Eurocopa, indirectamente, eso sí.
chúzame -
Arquivado en Espanholadas |
2 Grandísimas aportacións »
4 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro

A UE Figueres é un histórico clube catalán vido a menos pero que nos derradeiros anos da década dos oitenta e primeiros da seguinte era todo un clásico da Segunda División española. Incluso chegara a disputar fronte o Cádiz unha eliminatoria de ascenso a Primeira. As súas plantillas estaban formadas principalmente por xogadores provintes do filial do Barça, e tamén veteranos do propio Barcelona e do Espanyol, coma Moratalla, Mauri, Márquez, Gallard ou o agora Ilustrísimo Señor Director Deportivo, Don Vicente García Pitarch.
Non contaron iso si con moitos estranxeiros nese época. Algúns deles foron o irlandés Bayley, o alemán Jurgen Müller e, os máis coñecidos, os mundialistas por Uruguai e EEUU, Herrera e Tab Ramos (ianki pero orixe uruguaia) respectivamente. Mais Tab non foi a única fichaxe que viña dos Estados Unidos. Velaí está Peter Vermes (New Jersey, 21-09-66), fichado do Tampa Bay.
Loxicamente vai aquí polo seu curioso apelido, Vermes (Animal de corpo brando e alongado, formado por aneis e sen patas, que anda arrastrándose). Pero tamén podería ir coma celebridade, porque xa non hai moitos futbolistas americanos para que nos atopemos cun de pura “raza”. A min polo menos me ten pinta de ianki auténtico, con ese careto de senador republicano que se gasta.

Actualmente é directivo do Kansas City Wizards, está un pouco máis gordo e luce este precioso cutis rosado de tantas Budweisser que se mete entre peito e espalda. Na súa biografía salientan que foi o primeiro soccerista americano en xogar na primeira división húngara e holandesa (?) e o primeiro tamén en botarlle ketchup á butifarra, engado eu. Tamén destacan que está casado con Susan (a que lle fai pastel de carne e os sandwich de crema de cacahuete que se leva para a oficina) e é pai de dous adolescentes (Los Gusanitos). Polo visto hai un campo de soccer na súa cidade natal que leva o seu nome, e a súa casa (isto non o pon pero o digo eu) ten un garaxe cunha canastra de basquet enriba do portalón.
chúzame -
Arquivado en Estás sen nome, Mundo viejuno-celebrities |
Comenta, non sexas rata »
2 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Leo na edición impresa do Que! de onte que a un gandeiro malagueño lle apareceron mortos catorce porcos, e non se sabe con seguridade que os matou. A Garda Civil tomou mostras da zona e sospeita que se puido tratar dunha manada de cans asilvestrados. Isto non sería noticia se non fora porque o dono da piara asegura que o que os matou se trataba nada máis e nada menos que dunha panteira, pois segundo el, era un bicho grande, con pelo brillante negro e que saltaba moito.
Dende aquí quero colaborar co Seprona aportando unha foto dos feitos, a ver se lles serve de axuda. Nela non se ve a panteira nin os cans, pero si se aprecia no primeiro plano a tres porcos malaguistas correndo despavoridos, e xunto a eles, a moitos coellos, tamén malaguistas.

Non creo que faga falta aclarar que non teño nada en contra do Málaga CF nin dos seus afeccionados a excepción de especimens coma os da foto, pero por se acaso, o comento.
chúzame -
Arquivado en Odioteca |
3 Grandísimas aportacións »
1 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Deborah Secco é unha actriz de culebróns bastante coñecida no Brasil, non tanto polos seus papeis, senón máis ben cando pousou hai uns anos para a revista Playboy. Podería poñer fotos dela desa sesión e de outras pero vos ides ter que foder e aturar esta, que me ten bastante chicha. Ademais, a rapaza tampouco é para tanto, para o meu gusto está bastante delgada, e, aparte diso, botei unha visual á súa filmografía e nunha telenovela interpretaba a unha vilana chamada Iris Lacerda Mendes. Un dato que pode resultar relevante.

Ao que iamos, á foto. Resulta que o mozo de Deborah é Roger Flores, centrocampista que xoga actualmente no Grêmio de Porto-Alegre. Ela acode aos seus partidos, e coma se aprecia, ca camisola do equipo. Fixádevos no aceno que fai ca man dereita. Todo apunta a que algún admirador lle está a soltar un piropo e ela quere facer o saúdo que fixo famoso Ronaldinho, pero velaí o problema. Isto, aparentemente é sinxelo, pero é coma o saúdo de Star Trek, que hai xente que por máis que o intente non é capaz de face-lo.
A Deborah lle debe parecer algo parecido, e no seu intento logra o efecto contrario, dando a entender ao seu interlocutor que a súa muller/home lle está a poñe-los cornos ou directamente que o fodan. De aí a cara de sorpresa da súa acompañante no palco.
Aínda así pode que o que estea trabucado sexa eu, e iso por alí sexa un saúdo agarimoso, ou mesmo si que se trate dun asunto de cornamenta e ao que se está a dirixir non sexa un admirador, senón todo o contrario. A tanto non chego, pero aquí queda isto.
chúzame -
Arquivado en Elas tamén xogan |
Comenta, non sexas rata »
1 de abril do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Non o digo eu, o di Clarence Seedorf:
"Eu teño un anaco de carne arxentina que é boísima e a queren todos, así que a vendo en Italia. Despois a exporto a España e a Inglaterra. A vendo onde me fan a mellor oferta sen ter en conta se é o sitio axeitado. [...] Manda só o diñeiro e ninguén se preocupa de se o xogador se ambientou e se integrou. Se lle deixa só ao seu destino. Esa é a mentalidade en que se basea o fútbol."
Pobriño Seedorf, que mágoa me dá. Cando só era un adolescente o obrigaron a irse da súa casa en Amsterdam, arrincándoo dos brazos da súa nai para irse a xogar á Sampdoria. En Italia ninguén se preocupou que tal estaba, e cando comezaba a integrarse... zas!, chegou o Madrid e os italianos o venderon por 800 millóns de pelas sen preguntarlle. Viaxou a España nunha caixa de madeira de 2x2 metros, con tan só uns buratos para respirar.
Ninguén diría que no Madrid foi infeliz. Mais tódalas pallasadas que facía xunto a Roberto Carlos nos adestramentos, partidos e entrevistas conxuntas eran para disimular, porque aí o trataron coma un escravo. Incluso chegou a ser sodomizado varias veces nos vestiarios. O Madrid posteriormente o traspasou ao Inter de Milán por un pastón, coma un vulgar cacho de carne (ben seguro sen pillar el un só euro de comisión), e de aí ao Milan.

O noso amigo Clarence nunca protestou, pero agora, con 32 anos, ca vida resolta e forrado de pasta até as orellas, é hora de converterse no adalid dos oprimidos futbolistas profesionais, que son obrigados a mudar de equipo pola forza, sen respeitar os seus contratos, baixo ameaza de que se non aceptan se pasarán a tempada vendo os partidos dende o palco e a televisión. Por suposto tamén corren o serio perigo de ser obrigados a adestrar por separado, afastados dos seus compañeiros, nun campo sementado de minas e acompañado nada máis que por un preparador físico sádico e déspota ou pasa-la vergoña de xogar pachangas cos leprosos do equipo B.
¿Para cando o Tribunal Internacional de La Haya penalizará aos clubes que trafiquen e escravicen aos futbolistas profesionais? Seedorf, estamos contigo!
chúzame -
Arquivado en Defecacións verbais |
Comenta, non sexas rata »