Supermodelo 2008

28 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

vinnie-supermodelo.JPG

O exfutbolista e aspirante a Supermodelo, Vinnie Jones (190X190 cm. son as súas medidas), mostra a súa disconformidade ca opinión dun membro do xurado do programa, que calificou o pase de Vinnie como "de amanerado", e que "nin sequera o mesmísimo Santi Cañizares o podería facer peor".

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Chámalle X | 1 Grandísima aportación »

Uns humildes consellos a Maradona

27 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Diego Armando o Scalextric Maradona é o protagonista dun documental do director de cine Emir Kusturica que se presentou no Festival de Cannes. Á marxe do documental, tamén lle fixo unha entrevista, onde Diego confesou que se non fose pola cocaína sería mellor xogador do que foi. É posíbel, pero de seguro que a celebración do seu gol perante Grecia en USA’94 non sería igual se non estivese enfarlopado.

Tamén confesa que as drogas lle impediron ver medrar ás súas fillas, Giannina e Dalma, e non me estraña, polo exemplo que pon (en V.O.): "Me hubiese encantado que Dalma viniera a despertarme y no tener miedo porque dormía drogado. Mis hijas se daban cuenta de que estaba drogado. A Dalma le iba a dar un beso y me quitaba la cara". Estas nenas tiñan que facer coma as fillas de David Hasselhoff, gravalo en video, pero o feito, feito está. Este é o meu sinxelo consello gráfico para que outra vez se o pense antes de tomar drogas.

no-tomes-drogas.jpg

Tamén foi preguntado por que un home co seu carisma e que sempre está metido en tódolos freghaos, como é que non se mete en política. Respostou que "Yo no sirvo para robar a la gente". Por se acaso se lle dá por mudar de opinión, meterse a político, e, polo tanto, roubar, este é a miña humilde recomendación.

no-robes.jpg

Chuzame! chuzame -

Arquivado en D10S | Comenta, non sexas rata »

Anticorrupción no Calderón

26 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

corrupcion-non.JPG

Desta guisa se apresentou perante os seus afeccionados o Atlético de Madrid no verán de 1991. O estadio estaba completamente engalanado con cartaces ca lenda CORRUPCIÓN ¡NO! así coma as camisolas dos xogadores e o púlpito dende onde se dirixiron ao público o presidente, capitán e adestrador. Enriba do mesmo aparecen estes, de esquerda a dereita: Cascallana (preparador físico), Luis Aragonés, con cara e pelos de tolo; o segundo adestrador que sempre acababa as tempadas como primeiro, Iselín Santos Ovejero; Jesús Gil, presidente e artífice deste esperpento; e Paulo Futre, capitán do Atlético.

Se pesquisamos en calquera sitio "España corrupción" sempre vai a aparece-lo nome de Jesús Gil, por eso choca bastante a foto. Dezasete anos máis tarde pode causar certa coña mais daquela o tipo ía de adalid contra o sistema futbolístico español, e por que non, tamén político. A foto está escaneada dunha vella revista e logo reducida, polo tanto non se distinguen ven os detalles. Salientar que Gil non levaba ese día unha das súas míticas camisas tipo militar abertas até o ombligo e que agora están tan de moda e que sempre vestía no verán, senón un traxe con garabata, cando menos curioso.

No grupo de xogadores que están á súa esquerda destaca-la presenza de Bernd Schuster, moi serio el, e xunto a el Rodax, un dianteiro austríaco que ía marcar trinta goles por tempada e que na anterior a esta metera nove en vinteseis partidos. Tamén nesa ringleira destaca a imaxe do corrupto Tomás Reñones, no cárcere por malversación de caudais públicos do concello de Marbella e demais movidas, e ao lado del un sorrinte Solozábal, que parecía advertirlle do que se lle viña encima.

Dese mesmo lado, pero abaixo, aparece entre outros Alfaro, un dianteiro normaliño que destacou porque cando xogaba no Villarreal e Hércules celebraba os goles ensinando as camisolas rockeiras que levaba por debaixo da do clube, como as de Barricada ou AC/DC. Nese lado quedan fóra do escaneado Toni Muñoz, o porteiro Mejías, Juanito Sabas e un masaxista.

Do outro lado saliento como Aguilera é o único que mira fixamente ao fotógrafo, en plan ameazante, ao revés do que está ao seu carón, Pizo Gómez, de mirada "desviada". Se salva polos pelos de quedar fóra da imaxe Diego, non así Gabi Moya, Orejuela, Alfredo e varios utilleiros.

Por certo, a imaxe me lembra como na película La Profecía había xente que saía en fotos atravesados por sombras en forma de efectos ópticos, e sempre acababan palmando. Neste caso Jesús Gil é atravesado por estar xusto no medio de dúas páxinas da revista. ¿Unha profecía?

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities | 1 Grandísima aportación »

Día Internacional da Toalha

25 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Hoje celebra-se na Galiza o II Día do Orgulho Lusista e Reintegrata, que coincide tambem co VIII Día Internacional da Toalha. A minha aportaçom ao primeiro é fazer coma os jornais galegos polo Día das Letras Galegas, escrever só hoje assim num gesto de cara á galería... sou reintegracionista de pastel, que lhe vou fazer.

toalhas.jpg

No segundo, pois ponher umha foto toalheira relacionada com o futebol. O máis normal sería ponher uma do mítico ex-jogador portugués Eusebio com a súa toalha da sorte, mas prefiro esta duns adeptos do Metz francés, que en troques recever á súa equipa cachecol ou bandeira em man, optan por fazelo a base de toalhas.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xentes da grada | 1 Grandísima aportación »

Sobredose de bravura

23 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Moita bravura na Coruña, o dianteiro Omar Bravo fichou polo Deportivo...

- OMAR BRAVO mexicano, os vindeiros tres anos en Riazor:

omar_bravo.jpg

- O MAR BRAVO coruñés, tódolos anos en Riazor:

riazor.JPG

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Estás sen nome | Comenta, non sexas rata »

¿É legal en Rusia a eutanasia?

22 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

O digo porque se o é, estaría ben que lla aplicaran a Manu Sánchez, reporteiro máis dicharacheiro de Antena 3, e aos seus compañeiros tamén, aproveitando que andan por eses pagos.

manu-sanchez.jpg

Hoxe non puiden ve-la final da Champions e cheguei á casa xusto cando ía comeza-la quenda dos penaltis. Se para os futbolistas e afeccionados implicados esta parte do fútbol é un mal trance que hai que pasar, haxa ou non final feliz... para os que nin nos vai nin nos ven o rollo, ver unha quenda destas retransmitida por eses fenómenos é para pegarse un tiro. Bastáronme varios minutos para cagarme en todos eles, en especial no ínclito. Logo tamén está Matías Prats, que está aí de recheo, que non ten nin idea de fútbol, que o seu é o tenis e o golf, e que coma sempre, nun momento dos lanzamentos berrou o seu xa clásico "¡Qué barbaridad!" coma en Barcelona'92.

Mais Matías aínda ten un pase, non así José Antonio Luque (o comentarista principal), que non sabe disimular por cal dos equipos vai e é un pelmazo de tres pares. E logo está a estrela, Manu Sánchez, que non o aturo e que ademais non sei que pinta aí porque o único que aporta son estupideces por doquier.

Parecía que os lanzamentos de penalti os estaba retransmitindo pola radio, ou para cegatos ou subnormais que non saben en que consiste un rollo destes. Por exemplo: "Falló Cristiano!..., llueve en Moscú..., paró Cehc..., resbaló Terry..., casi lo para... trallazo por el medio de la portería..." ¡Eh! que o estamos a ver, amigo, que non estamos choscos! En fin, que a ver se hai sorte e estes se trabucan de avión e aterrizan en Siberia e se quedan alí.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Xornalistos | 3 Grandísimas aportacións »

Os desconvocados da Eurocopa

21 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

De todos os que deixou fóra Luis Aragonés da lista da Eurocopa dous son os que xeran máis polémica (co permiso da de Bojan), Raúl e Guti, como sempre alimentada polos medios deportivos nacionais.

los2espanholes.jpg

Precisamente onte lin na edición impresa do Marca que Luis Aragonés se esquecía do mellor centrocampista da Liga, referíndose á "exhibición" de Guti fronte ao Levante. Estes mesmos (os do Marca) parecen esquecer que foron eles os que puxeron aí a este seleccionador e agora son incapaces de comprender que é el o que fai o equipo, e se non leva a Guti é porque non lle sae do carallo, así de claro. Un Guti, por certo, que xoga cando lle dá a real gana,  como o outro día fronte ao pechacancelas, cando tivo un deses días de inspiración que serve para que pase a se-lo mellor medio da liga... non o mellor medio español, senón en xeral, de toda a primeira división. Hai que foderse.

En canto a Raúl, os meus argumentos na súa contra me levaría expoñe-los toda a mañá, así que prefiro deixarvos esta entrada que ben puidera escreber eu tranquilamente (sempre que me importase algo a selección) pola súa obxectividade e falta de mala hostia.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Espanholadas | 1 Grandísima aportación »

Presidentes de fútbol, ¿de onde saen?

20 de Maio do 2008 perpetrado por otraveseiro

Na revista El Jueves teñen unha sección chamada La pregunta de la semana, e no número do 7 a 13 de Maio expoñen unha que me levo facendo eu dende hai trinta anos: "Presidentes de fútbol, ¿de dónde coño los sacan?". Como me paso polo forro o rollo ese de que "queda prohibida la reproducción total o parcial de textos y dibujos", copio o prólogo do autor das viñetas, Pedro Vera, e un par das mesmas: "la verdad es que si el pardillo de David Lynch se viniera para España se iba a enterar de lo que son personajes extraños e inquietantes de verdad. Sin ir más lejos. Un breve repaso al gremio de los presidentes de clubs de fútbol es suficiente para acojonar a David Cronenberg y Stephen King juntos".

caneda-lendoiro.jpg

E tan breve, pois tan só disecciona a sete dirixentes locais (Lopera, Gaspart, Del Nido, Lendoiro, Ruiz Mateos, Caneda e Gil) máis un oitavo estranxeiro (Berlusconi, do Milan) para amosar que en tódalas partes se cocen fabas. As viñetas que poño corresponden aos representantes galegos desta particular galería de monstros, Caneda e Lendoiro. Non estou do todo dacordo co que pon do presidente do Deportivo. É certo que ten algo de parecido co Drácula de Barrio Sésamo, que tamén lle gustan os números e chupa-lo sangue dos socios, pero o verdadeiro parecido de Lendoiro non é con Drácula, senón con Jaimito (Álvaro Vitali). Ás probas me "repito", que diría o propio Caneda.

alvaro-vitali02.jpg

No que atinxe a Caneda, o seu parecido sería con El Sacamantecas, pero sen barba, polo castrón que é e porque tamén lle presta o sangue dos socios compostelanistas.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Adefesios | 1 Grandísima aportación »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo