Polos dereitos laborais dos futbolistas (risas)
1 de Maio do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Hoxe é o 1º de Maio, día do internacionalismo proletario e tamén coñecido como día do traballador ou festa do traballo (?). Podería desafogarme soltando cafradas sobor as miñas experiencias persoais no eido laboral, e aproveita-lo anonimato para poñer a parir ao meu xefe. Total, el non sabe da existencia deste sitio nin por suposto de que o blogueiro que o leva e ese estúpido traballador que traga con todo. Eso pensa el, que son un panoli, non sabe que me fago o longui e calquer día que me canse de atura-lo se vai cagar pola pata abaixo.
Pois iso, que este día tan especial en que todo o mundo se lembra dos traballadores explotados, mal pagados e que traballan en condicións precarias... eu teño que tronzar unha lanza a favor dos futbolistas profesionais de primeira división, tristemente denostados, para iso este é un blog de fútbol, ¿ou non? Estes son os grandes problemas laborais aos que se enfrontan os nosos ídolos:
Salarios indignos.
Non hai equiparación nos salarios. Hai futbolistas que cobran un pastón por correr polo campo sen sentido e meter algún que outro gol, e outros facendo exactamente o mesmo cobran moitísimos millóns menos. Millóns, en todo caso.
Incompatibilidade de horarios.
Teñen que traballar moitos domingos, algunhas veces viaxando fóra, polo que é compricado compaxinar iso ca vida familiar. En moitas ocasións teñen que coller varios avións, viaxar en incómodos buses até os aeroportos, agardar neles polo voo, cear de bocadillo... un suplicio, por deus!!
Accidentes laborais.
Se expoñen a diario a receber balonazos e patadas. Sofren lesións musculares, rotura de ósos, perda de pezas dentais, agresións por parte de compañeiros e afeccionados...
Acoso laboral.
Compañeiros que non che falan e piden a xornalistas que presionen para que te quiten da titularidade, presidentes que che obrigan a irte a outro equipo, adestrador que che humilla e ridiculiza en público ante os outros compañeiros e medios de comunicación (p.ex. Irureta a Tristán: "pareces un motor de dous tempos"), te lesionas e che obrigan a operarte noutra cidade, e un longo etc.

Condicións de traballo precarias.
Moitas veces son obrigados a adestrar chovendo e a baixas temperaturas, só provistos de chuvasqueiros, chandals e nalgúns casos en pantalón curto. Os jacuzzis son moi pequenos, non caben todos á vez e hai que meterse por quendas. Os que están agardando poden coller frío, ou o que é peor, teñen que someterse a doorosos masaxes por parte de salvaxes fisioterapeutas.
Durante os partidos son insultados e vexados eles e os seus familiares. Tamén sofren a esaxeración na imposición da uniformidade, obrigando aos futbolistas a que non vaian de chanclas e camisolas de tirantes as roldas de prensa, nin xogar con pendentes e aneis.
Enfermidades profesionais.
Calvicie por darlle tantas veces ao balón de cabeza, jet lag, estrés, ego, ludopatía, alcoholismo, medo a non saber o que vai ser da túa vida unha vez deixes o fútbol...
Para finalizar, breve explicación das fotos que acompañan a esta entrada:
Foto 1: Os futbolistas do Levante de reinvindicacións. Segundo o seu capitán, algúns están en números vermellos, pedindo cartos a familiares e amigos e incluso tiveron que vende-los carros.
Foto 2: O famoso Motín do Hesperia, hai vinte anos. Os xogadores do Barcelona fan unha revolución e piden a dimisión do presidente, algo que só lle corresponde facer aos socios. ¿A quen se lle ocorre? Como é lóxico, practicamente todos á puta rúa.
Foto 3: O xogador checo da Fiorentina, Ujfalusi, amosando que a vida dos xogadores profesionais non é todo o boa que se cre. Aquí o vemos xunto a súa señora, sen cartos para roupa e malvivindo entre cartóns do Ikea.
chuzame - Arquivado en Actualidade |




Maio 2nd, 2008 ás 3:11 am
Vaia, unha sorpresa toparme con este blog no día do traballo e que fala do día do traballo, hehehe.
Eu son futboleira e co teu blogue máis…. ha haha.
Saúdos!
PD: Xa me evito ler a prensa deportiva….
Maio 2nd, 2008 ás 10:52 am
Mmmmmmm… seica poñendo a caldo o teu xefe?? mmmmmm… pois eu sei onde traballas, ou sexa que o me pagas unhas “Estrellas” ou alguén vai a irse da língua…
Jajajaj… o comentario que acabo de facer é máis típico do Dia dos Santos Inocentes…
Pd: Que simpática semella a moza do da Fiorentina…